Un ano no Courel continúa a exitosa liña iniciada por Xurxo de Vivero en Un ano nos Ancares, que tan boa acollida tivo por parte dos lectores. Naturalista, ecoloxista, profesor de literatura e excelente coñecedor da montaña galega, Xurxo de Vivero presentanos aqui unha vision entre literaria, ecoloxista, cientifica, informativa e persoal dunha das mais fermosas e ainda mellor conservadas serras de Europa. Logo de varios anos de traballo, desprazamentos, observacions, estudio e continuas pescudas polas fragas, soutos, carballeiras, camiños e congostras do Courel, estas paxinas son o resultado de todo ese amplo e ambicioso traballo de campo. Un ano no Courel relata, mes a mes, durante as distintas epocas do ano, a vida na serra e mailas suas transformacions, os cambios que se producen na flora, na fauna, na paisaxe e na vida das xentes. O libro inclue tamen informacions precisas, a dobre paxina, sobre toponimia, a arquitectura e a literatura, coas referencias inescusables a Uxio Novoneira, Maria Mariño, Anxel Fole e Fiz Vergara Vilariño, o recentemente falecido poeta do Val de Louzara. Destacan no libro as fermosas ilustracions puntillistas realizadas por Restituto Lopez Hernandez e as fotografias a toda cor, realizadas polo autor. A traves de diversos itinerarios, este libro ofrecelle o lector numerosas rotas para o camiñante ou o viaxeiro con coche, mapas de grande precision, informacion practica e datos utiles que fan que se configure como unha guia imprescindible, para ler na casa ou para levar no peto da mochila ou na guanteira do coche.
Ver más