📗 Libro en gallego VEU VISITARME O MAR

Edicións Xerais - 9788497822510

Literatura en gallego Narrativa en gallego

Sinopsis de VEU VISITARME O MAR

Unha noite, vítima da súa propia cobardía, Alba sente que as súas últimas forzas morren entre as botellas de alcol que guinda a un contedor. É a noite do 12 de novembro de 2002; e mentres as dúbidas e o seu enzoufado estado de ánimo a consomen por dentro, unha marea negra empeza a camiñar a grandes alancadas pola superficie do mar. Entón, Alba, bióloga nunha piscifactoría da Costa da Morte, ten que se enfrontar á cadea de lembranzas e remorsos que a acompañan, con monstros e silencios, desde a súa chegada a Lira unha década antes. A catástrofe do Mar Exeo arrincáraa da vella sombra da Alhambra, onde ecoa a voz íntima da súa avoa coma unha pantasma do pasado, e agora é a marea negra do Prestige quen ameaza con levala consigo. Veu visitarme o mar é unha novela entrañable, arrebatadora, profundamente humana, onde se debate a cuestión máis trascendental: aquela que fai que a persoa se mida nunha batalla contra si mesma. A confirmación do talento literario de Rosa Aneiros.Unha noite, vítima da súa propia cobardía, Alba sente que as súas últimas forzas morren entre as botellas de alcol que guinda a un contedor. É a noite do 12 de novembro de 2002; e mentres as dúbidas e o seu enzoufado estado de ánimo a consomen por dentro, unha marea negra empeza a camiñar a grandes alancadas pola superficie do mar. Entón, Alba, bióloga nunha piscifactoría da Costa da Morte, ten que se enfrontar á cadea de lembranzas e remorsos que a acompañan, con monstros e silencios, desde a súa chegada a Lira unha década antes. A catástrofe do Mar Exeo arrincáraa da vella sombra da Alhambra, onde ecoa a voz íntima da súa avoa coma unha pantasma do pasado, e agora é a marea negra do Prestige quen ameaza con levala consigo. Veu visitarme o mar é unha novela entrañable, arrebatadora, profundamente humana, onde se debate a cuestión máis trascendental: aquela que fai que a persoa se mida nunha batalla contra si mesma. A confirmación do talento literario de Rosa Aneiros.

Ficha técnica


Editorial: Edicións Xerais

ISBN: 9788497822510

Idioma: Gallego

Número de páginas: 328
Tiempo de lectura:
7h 48m

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 17/12/2004

Año de edición: 2004

Plaza de edición: Es

Colección:
EDICIÓN LITERARIA - NARRATIVA

Alto: 22.0 cm
Ancho: 15.0 cm
Grueso: 2.7 cm
Peso: 491.0 gr

Especificaciones del producto



Escrito por Rosa Aneiros


Rosa Aneiros (Meirás-Valdoviño, 1976) é xornalista e traballa no Consello da Cultura Galega. Colabora habitualmente en distintos medios de comunicación. En 1999 presentou a súa primeira novela, «Eu de maior quero ser», á que seguiron «Corazóns amolecidos en salitre» (2002); «Resistencia» (Xerais, 2003), Premio Arcebispo Xoán de San Clemente 2003; «O xardín da media lúa» (2004); «Veu visitarme o mar» (Xerais, 2004); «Ás de bolboreta» (Xerais, 2009), Premio Fundación Caixa Galicia de Literatura Xuvenil, Premio Fervenzas Literarias ao Mellor libro xuvenil 2009 e Premio The White Ravens (Internationale Jugend Bibliothek) 2010; «Sol de Inverno» (Xerais, 2009), Premio Xerais de Novela; «Sibila» (Xerais, 2021) e «A noite das cebolas» (Xerais, 2024). En 2013 publica o primeiro título da triloxía «Ámote Leo A.»: «Ámote Leo A. Destino xalundes» (Xerais, 2013), ao que seguiron «Ámote Leo A. Estación de tránsito» (Xerais, 2014) e «Ámote Leo A. Terminal de chegadas?» (Xerais, 2014). Na colección Sopa de Libros de Xerais publicou «Orestes perde o sentido!» (2019) e, na colección Merlín, «A batalla da pequena Chañan Curi Coca» (2017), «Xelís, o guieiro das botellas de mar», Premio Merlín de Literatura Infantil 2019, «Tres bichicomas, dúas illas e unha serea» (2020), Premio Agustín Fernández Paz de Narrativa Infantil e Xuvenil pola Igualdade 2018, «Catro plumas de dinosauro» (2022) e «Faísca, a nena neandertal» (2024). Fotografía da autora: Manuel G. Vicente.
Descubre más sobre Rosa Aneiros
Recibe novedades de Rosa Aneiros directamente en tu email

Opiniones sobre VEU VISITARME O MAR


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana