📗 Libro en gallego VIDA E OBRA DE X.MARIA ALVAREZ BLAZQUEZ

GALAXIA - 9788498650532

Literatura en gallego Narrativa en gallego

Sinopsis de VIDA E OBRA DE X.MARIA ALVAREZ BLAZQUEZ

Biografía e escolma de textos do autor homenaxeado nas Letras Galegas 2008.
Nun único volume que condensa as distintas e ricas facetas da súa obra literaria e as relaciona coa súa biografía, este libro é unha áxil e rigorosa introdución á figura e aos textos do escritor homenaxeado no Día das Letras Galegas de 2008. Narrativa, poesía e artigos de xornal aparecen estreitamente vencellados ao seu labor como editor e estudoso da literatura. O seu autor, Carlos López Bernárdez (Vigo, 1958) é profesor de Lingua e Literatura Galegas e ensaísta dedicado a temas literarios e artísticos. Entre as súas publicacións cómpre salientar traballos sobre Lorenzo Varela, Manuel Antonio ou Ramón Cabanillas.
Xosé María Álvarez Blázquez (Tui, 1915 - Vigo, 1985) foi un escritor polifacético (poesía, narrativa e ensaio), arqueólogo, investigador e editor. Como poeta cómpre destacar os seus libros Poemas de ti e de min (1949); Roseira do teu mencer (1950); Cancioeiro de Monfero (1953) e Canle segredo (1976). Como narrador en galego é autor dos contos de Os ruíns (1936) e A pega rabilonga e outras historias de tesouros (1971).
Foi fundador das editoriais Monterrey e Castrelos, fitos fundamentais para a normalización da nosa cultura nos anos do franquismo. Alén diso, cómpre salientar o seu labor como investigador en temas literarios e arqueolóxicos.

Ficha técnica


Editorial: Galaxia

ISBN: 9788498650532

Idioma: Gallego

Número de páginas: 192
Tiempo de lectura:
4h 31m

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 19/02/2008

Año de edición: 2008

Plaza de edición: Vigo

Especificaciones del producto



Escrito por Carlos López Bernárdez


Carlos López Bernárdez
(Vigo, 1958) Profesor de Lengua y Literatura gallegas.Ensayista de temas literarios y artísticos, así cómo comisario de exposiciones, es autor de títulos dedicados a  Lorenzo Varela, Manuel Antonio, Vicente Risco, Manuel Luís Acuña o Ramón Cabanillas. Entre sus libros más recientes destacan Bestiario en pedra. Animais fantásticos na arte medieval galega (2004) e Breve historia da arte galega (2005).
Descubre más sobre Carlos López Bernárdez
Recibe novedades de Carlos López Bernárdez directamente en tu email

Opiniones sobre VIDA E OBRA DE X.MARIA ALVAREZ BLAZQUEZ


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana