leer_primeras_paginas Leer primeras páginas

📗 Libro en gallego VIGO, ABELLA DA RIBEIRA

Edicións Xerais - 9788411102407

Historia local de España Ciudades y provincias

Sinopsis de VIGO, ABELLA DA RIBEIRA

«Un galano de orgullo e de autoestima. Un antídoto efectivo contra o esquecemento e o espectáculo.» (Fran P. Lorenzo)

«Vigo, abella da ribeira» reúne oitenta crónicas da memoria de Vigo como cidade amada. Esta escolma é unha reflexión sobre como se foi conformando a súa identidade de cidade portuaria atlántica e bimilenaria, onde todo chega e marcha polo mar. Cidade cifra da Galicia contemporánea, na que caben todas as Galicias posibles. Co formato dun libro de esbozos biográficos, estas prosas viguesas relatan as vidas de persoas de moi diversa procedencia, dende mariñeiros e obreiros a deportistas, médicas, escritoras e taberneiras, que co seu criterio e entusiasmo, mesmo coa achega da súa propia vida, contribuíron na construción do proxecto colectivo dunha cidade estrépito e feroz, de guindastres asombrados, abismo e paraíso.«As crónicas aquí reunidas son un galano de orgullo e de autoestima. Un antídoto efectivo contra o esquecemento e o espectáculo. Un norai de palabras onde amarra o corazón da cidadanía viguesa. Un porto seguro. A baía dentro da baía.» Fran P. Lorenzo. «A través de cada texto de¨«Vigo, abella da ribeira» lemos a cidade, porque neles está escrito o noso tempo e, polo tanto, este libro constitúe tamén unha nova achega á identidade de Vigo, transformándoa, escribíndoa.» Oriana Méndez.«Vigo, abella da ribeira» reúne oitenta crónicas da memoria de Vigo como cidade amada. Esta escolma é unha reflexión sobre como se foi conformando a súa identidade de cidade portuaria atlántica e bimilenaria, onde todo chega e marcha polo mar. Cidade cifra da Galicia contemporánea, na que caben todas as Galicias posibles. Co formato dun libro de esbozos biográficos, estas prosas viguesas relatan as vidas de persoas de moi diversa procedencia, dende mariñeiros e obreiros a deportistas, médicas, escritoras e taberneiras, que co seu criterio e entusiasmo, mesmo coa achega da súa propia vida, contribuíron na construción do proxecto colectivo dunha cidade estrépito e feroz, de guindastres asombrados, abismo e paraíso.«As crónicas aquí reunidas son un galano de orgullo e de autoestima. Un antídoto efectivo contra o esquecemento e o espectáculo. Un norai de palabras onde amarra o corazón da cidadanía viguesa. Un porto seguro. A baía dentro da baía.» Fran P. Lorenzo. «A través de cada texto de¨«Vigo, abella da ribeira» lemos a cidade, porque neles está escrito o noso tempo e, polo tanto, este libro constitúe tamén unha nova achega á identidade de Vigo, transformándoa, escribíndoa.» Oriana Méndez.

Ficha técnica


Editorial: Edicións Xerais

ISBN: 9788411102407

Idioma: Gallego

Número de páginas: 288
Tiempo de lectura:
6h 50m

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 19/01/2023

Año de edición: 2023

Plaza de edición: Es

Colección:
EDICIÓN LITERARIA - CRÓNICA - Xornalismo

Alto: 22.0 cm
Ancho: 14.5 cm
Grueso: 2.3 cm
Peso: 436.0 gr

Especificaciones del producto



Escrito por Manuel Bragado


Manuel Bragado (Vigo 1959) é editor, mestre e activista cultural. Licenciado en Pedagoxía, traballou en Edicións Xerais de Galicia, empresa da que foi director (1994-2018). Na actualidade é orientador nos CEIP de Laredo e CEIP de Cedeira de Redondela. É presidente da Fundación Luzes, secretario da asociación Premios da Crítica de Galicia, membro de Nova Escola Galega e do Instituto de Estudios Vigueses. Colaborador de «Faro de Vigo» dende hai catro décadas, dende 1999 mantén semanalmente a sección de opinión «Campo de Granada», pola que recibiu os premios de xornalismo Gómez Román (2000) e Fernández del Riego (2014). Desde 2005 publica o blog «Brétemas», polo que recibiu os premios AELG, Fervenzas Literarias e Gala do Libro Galego á traxectoria dun proxecto literario na rede (2019). Director de centos de proxectos de libros educativos e autor de diversos estudos sobre a edición e a lectura, publicou en Xerais os libros «Vigo, puro milagre» (2019) e «Vigo, abella da ribeira» (2023), onde escolma algunhas das súas prosas viguesas. Foto do autor © Manuel Álvarez
Descubre más sobre Manuel Bragado
Recibe novedades de Manuel Bragado directamente en tu email

Opiniones sobre VIGO, ABELLA DA RIBEIRA


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana