Vila Cerdeira está máis preto do que pensamos e a xente que alí vive e máis real do que imaxinamos. É un sitio pequeno, con catro casas, un pozo que non da auga e, á súa beira, unha cerdeira. A súa sombra acolle a aperta do sentir e do vivir, materializada nas vivencias dos seus veciños e noutras moitas que xa só se atopan nos libros vellos e na memoria de quen non quere esquecer.
Ficha técnica
Ilustrador: Cobás Xosé
Editorial: Everest
ISBN: 9788440305145
Idioma: Gallego
Número de páginas: 88
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 24/11/2005
Año de edición: 2005
Plaza de edición: Es
Alto: 21.0 cm
Ancho: 13.7 cm
Especificaciones del producto
Escrito por Daniel Ameixeiro
Daniel Ameixeiro (O Grove, 1962 - Madrid,2021) é enxeñeiro de Telecomunicacións e dende 1982 reside en Madrid, cidade onde traballa. En 1999 publicou Bonifacio foi a palacio, a súa primeira incursión na literatura infantil e xuvenil, á que seguiron Xan e Pericán (Xerais, 2004), que foi finalista do premio Merlín; A tenda de antigüidades (2004); Vila Cerdeira (2005); O capitán da baía (2005); Piratas, bruxas e outros amigos (2007) e O caderno vermello (2009). Ramón Piñeiro. Os días ocultos (Xerais 2009) é a súa primeira novela. Á parte da súa afección pola literatura, Daniel Ameixeiro está moi interesado na lingüística; leva bastantes anos traballando nunha recolleita fraseolóxica que ten case rematada.