Xosé Neira Vilas memorializa neste libro a experiencia das doce viaxes que realizou coa súa compañeira Anisia Miranda dende 1972 ata 1992, cando, despois de corenta e tres anos na emigración americana, deciden radicarse definitivamente en Galicia. Nestas memorias da súa condición de “emigrante retornado” con billete de ida e volta, o escritor de Gres reconstrúe con prosa brillante e minuciosa tanto a peripecia vital daqueles días, os emocionantes reencontros con familiares amigos, así como a súa documentada interpretación dos acontecementos políticos e culturais dun período coincidente coa chamada Transición. Unha crónica apaixonante dun amor compartido e compatible entre Cuba e Galicia, as súas dúas patrias. A primeira entrega memorialística dunha das grandes figuras da cultura galega contemporánea.
Ficha técnica
Editorial: Xerais
ISBN: 9788497824774
Idioma: Gallego
Número de páginas: 240
Tiempo de lectura:
5h 40m
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 21/08/2006
Año de edición: 2006
Plaza de edición: Vigo
Especificaciones del producto
Escrito por Xosé Neira Vilas
Xosé Neira Vilas (Gres, Val do Ulla, 1928 - 2015), foi membro numerario da Real Academia Galega, Doutor Honoris Causa polas Universidades da Coruña e da Habana e Fillo Predilecto do Concello de Vila de Cruces. Entre outros galardóns recibiu a Medalla Castelao, o Pedrón de Honra e o Premio Trasalba. Premio da Crítica Española (novela en galego) e da Crítica Galega (ensaio). É un dos autores clásicos da literatura galega. Autor de ''Memorias dun neno labrego'' (1961), a novela máis traducida e máis vendida da literatura galega, residiu 43 anos en América, primeiro en Buenos Aires, de 1949 a 1961 (onde fundou coa súa muller Anisia Miranda, Follas Novas, editorial e distribuidora do libro galego); e de 1961 a 1992 na Habana, cidade na que crea e dirixe, durante 22 anos, a Sección Galega do Instituto de Literatura e Lingüística; fai xornalismo literario e exerce como redactor xefe da revista infantil Zunzún. A súa extensa obra abrangue a prosa narrativa: ''Xente no rodicio'' (1965),'' Camiño bretemoso'' (1967), ''Historias de emigrantes'' (1968), ''A muller de ferro'' (1969), ''Remuíño de sombras'' (1973), ''Aqueles anos do Moncho'' (1977, Xerais 1989), ''Querido Tomás'' (1981), ''Tempo novo'' (1987), ''O home de pau'' (Xerais 1999), ''Relatos mariñeiros'' (Xerais 2003), e unha antoloxía dos seus relatos recollida baixo o título de ''Contos de tres mundos'' (Xerais, 1995); a narrativa infantil: ''Cartas a Lelo'' (1971), ''Espantallo amigo'' (1971), ''O cabaliño de buxo'' (1971), ''A marela taravela'' (1976), ''De cando o Suso foi carteiro'' (1988), ''Chegan forasteiros'' (1993); a poesía, con ''Dende lonxe'' (1960), ''Inquedo latexar'' (1969), ''Poesía recadada'' (1994) ou ''Dende Gres'' (2004); as lembranzas: ''Lar'' (1974), ''Nai'' (1980), ''Pan'' (1986); compilación de artigos: ''O sarillo do tempo'' (Xerais 2004), ''Xentes e camiños'' (Xerais 2005), ''Arredor do mun...