📗 Libro en gallego VINTE E NOVE CONTOS

SOTELO BLANCO EDICIONS - 9788478245482

Literatura en gallego Narrativa en gallego

Sinopsis de VINTE E NOVE CONTOS

Un longuísimo coito sempre interrompido e prolongado unha vida enteira, a preparación dun atraco que remata nunha ridícula equivocación, a cruel carta dunha ex-moza que chega cando o destinatario xa se suicidou, un dexenerado confeso que cae en mans dunha obsesiva vexetariana, un escritor que descobre que todas as fantasías das súas novelas son en realidade premonicións que se van cumprindo a posteriori na súa propia vida, un neno obsesionado polo ritual familiar de cortarlles un dedo aos seus fillos ao chegar aos nove anos... son algúns dos personaxes e das historias que circulan por estes Vinte e nove contos de Quim Monzó. Esta selección da compilación publicada en catalán co título Vuitanta-sis contes é unha mostra do particular mundo do escritor catalán, que algúns críticos se atreveron a catalogar como o mellor escritor de contos de Europa. As obsesións, os equívocos, as particulares interpretacións da realidade que cambian unha vida enteira, as casualidades reais que constrúen o destino individual, a terrible incomunicación no ámbito máis íntimo, as rebelións que se revelan absurdas, en fin, a burla constante que nos fai a vida. Esa é a materia destes contos. Unhas historias nas que o individuo se converte a miúdo nun ridículo monicreque en mans da casualidade. Pero o peculiar humor con que se narran afasta definitivamente o ton da traxedia e incita a un sorriso permanente.

Ficha técnica


Editorial: Sotelo Blanco Edicions

ISBN: 9788478245482

Idioma: Gallego

Número de páginas: 226
Tiempo de lectura:
5h 20m

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 27/06/2008

Año de edición: 2008


Especificaciones del producto



Escrito por Quim Monzó


Quim Monzó
Escritor catalán nacido en Barcelona en 1952. Colaborador del diario La Vanguardia, ha publicado varios libros, entre novelas y recopilaciones de cuentos. También ha publicado recopilaciones de sus artículos: . Sus obras han sido traducidas a más de quince idiomas. En el año 2000 recibió el Premi Nacional de Literatura Catalana.
Descubre más sobre Quim Monzó
Recibe novedades de Quim Monzó directamente en tu email

Opiniones sobre VINTE E NOVE CONTOS


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana