📗 Libro en gallego XAN DO ARRABALDO

LAIOVENTO - 9788484874027

Literatura en gallego Narrativa en gallego

Sinopsis de XAN DO ARRABALDO

Xan Neto, un rapaz da Moureira de Abaixo, Pontevedra, fillo dun atalieyro dun dos seis cercos reais existentes para a pesca da sardiña, soñaba con ser capitán dunha carabela coma xa o foran algúns membros da súa familia. Corrían os anos 1475, 1476, 1477, anos nos que a vila pontevedresa foi tomada polas tropas portuguesas ao mando de don Pedro Álvarez de Soutomaior, Pedro Madruga, logo de ter proclamado este cabaleiro a dona Xoana “A Beltranexa” como raíña de Galicia, Castela, Aragón e Portugal. Este libro trata das aventuras e desvelos que tivo que sufrir o noso protagonista para conseguir o seu soño neses momentos tan convulsos da historia da “boa vila” ao ser cercada polas tropas dos Reis Católicos comandadas polo arcebispo Fonseca e mais por Juan Arias del Río, corrixidor maior de Galicia. Fixo Xan Neto toda a carreira do mar. Paxe ata os 17 anos, grumete máis adiante, axuda de piloto dunha gran carraca, piloto e, por fin, o ansiado título de capitán, concedido polo Concello da Vila. Viaxes a Londres con carga de viño do Ribeiro, a Flandres con salgaduras e ferramentas de ferro, volta con cargamento de sal de Guérande da Bretaña francesa, viaxes a Sevilla coa mesma carga e volta con sal e olas. A narración móstranos a vida cotiá da Pontevedra de finais do século XV, cidade cercada e de loitas entre irmáns, e móstranos tamén a súa gran riqueza: a pesca da sardiña por medio dos cercos reais que fixo de Pontevedra unha das vilas máis ricas e poboada da Península Ibérica durante douscentos anos e a máis grande de Galicia. É, xa que logo, unha novela histórica que describe un importante anaco do noso devir como vila mariñeira.

Ficha técnica


Editorial: Laiovento

ISBN: 9788484874027

Idioma: Gallego

Número de páginas: 172
Tiempo de lectura:
4h 2m

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 07/05/2018

Año de edición: 2018

Plaza de edición: Santiago de Compostela
Número: 359

Especificaciones del producto



Escrito por RAFAEL FONTOIRA SURIS


Descubre más sobre RAFAEL FONTOIRA SURIS
Recibe novedades de RAFAEL FONTOIRA SURIS directamente en tu email

Opiniones sobre XAN DO ARRABALDO


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana