Castelao tiña un especial interese pola mirada dos nenos sobre a vida... Ao longo da súa obra Castelao tivo sempre moi presente a ollada dos nenos e das nenas. Esa mirada sobre as cousas da vida que aos adultos se lles escapan e que os máis novos si que son que de advertir. As cousas dos nenos e das nenas, tamén as cousas dos seus compañeiros de xogos, de alegráis e de penas, oa animais, todo esto está presente nas páxinas deste libro co que Castelao chega de novo aos lectoras máis novos.
A historia do Castelao pintor é parella á do debuxante e caricaturista. O xenio plástico e a capacidade para transmitir o relato que contén cada imaxe fan da súa obra pictórica un dos maiores expoñentes dunha arte de vocación popular que, ao mesmo tempo, busca a emoción estética. Castelao acada nos seus últimos cadros unha verdadeira liberación da cor na procura dunha pintura que tamén capta o que non se ve. Este volume, amplamente ilustrado, foi coordinado por Carlos Lema e conta cun limiar a cargo de Miguel Anxo Seixas Seoane e epílogo de José Manuel López Vázquez.
Facsímile do último libro que Castelao deu a imprimir antes do seu falecemento. Trátase dun amplo estudio feito no marco do Seminario de Estudos Galegos sobre as cruces de pedra en Galicia, no que se investiga a linguaxe formal destas expresions artisticas tan caracteristicas do noso pais. Castelao pon, ademais, estas cruces en relacion coas do mundo celto-atlantico (Escocia, Irlanda, Bretaña) e afonda na idea de afinidade cultural con eses paises. Este libro de formato grande incorpora numerosos debuxos asi como laminas con ilustracions feitas polo propio autor e algunhas fotografias.
Libro que recoge distintas experiencias, materiales y propuestas metodológicas para el uso del flamenco en las enseñanzas Infantil, Primaria y Secundaria.
Colección de 50 estampas de Castelao que primeiro circulou como exposición e en 1931 foi editada nun álbum. A colección recóllese nun álbum editado a iniciativa dun grupo de amigos de Castelao e sufragado por estes, nos prelos da 'Casa Hauser y Menet' de Madrid. No prólogo do álbum, onde afirma que a obra foi composta entre os anos 16 e 18, explicita o senso que lle dera ao seu traballo e esboza unha xustificación da estética que o inspirara. Os temas que aparecen tocados en Nós son as lacras sociais da Galicia daquel tempo.