A Coruña goza de sona de cidade liberal, progresista, democrática e mesmo republicana. O presente estudo presenta unha colección de documentos nos que se manifestan estas actitudes ao longo das etapas historicas, complementado cun interesante e ilustrador prologo do historiador e Presidente da Real Academia Galega, D. Xose Ramon Barreiro Fernandez. Na historia de España que transcorreu entre as significativas datas de 1808 -inicio do liberalismo- e 1874 -inicio da restauracion- diferencianse con claridade unha serie de periodos marcados pola existencia ou ausencia de liberdades e dereitos politicos, e que se manifestaban especialmente na vixencia ou suspension do sistema constitucional. A traves da actividade do Concello coruñes podese seguir puntualmente a sucesion de acontecementos que marcaron os cambios de rumbo na politica española neste periodo, destacando a sua aposta decidida en varios momentos para iniciar ou contribuir loita polas liberdades. Poren, non se trata neste estudo, de presentar a historia politica española a traves dunha seleccion documental coruñesa, senon de destacar o papel desempeñado polas autoridades municipais e a cidadania naqueles momentos mais significativos que permitiron cambios de caracter progresista e democratico, ofrecendo, como contraste, a actuacion de Corporacions contra...
As mulleres coruñesas loitaron desde distintas frontes para ir acurtando as distancias que as separaban dos homes nos ámbitos laborais, salariais e políticos ao longo do primeiro terzo do século XX. Ao longo das páxinas deste libro poden atoparse numerosos exemplos desta loita, case silenciosa unhas veces, pero tamén sonora e combativa outras, e que permiten complementar e matizar as visións máis panorámicas, elaboradas por outros historiadores. O presente estudo aborda aspectos relacionados coas asociacións que constituíron as mulleres coruñesas desde finais do século XIX até 1936, centrado en dous campos diferenciados: a actividade da muller proletaria e a da muller burguesa; a primeira no campo do traballo e da organización sindical, e a segunda no ámbito de corte máis político e benéfico cultural, centrado nos colectivos de carácter progresista. As fontes documentais consultadas responden a dous tipos: a prensa de época e os fondos de arquivo. Obra de grande interese por centrarse na divulgación do coñecemento dos colectivos femininos, que tanto contribuíron ao desenvolvemento económico e social, e aos que non se lles presentou a debida atención e investigación. De grande utilidade nos programas e cursos relacionados coa muller que a Deputación leva a cabo, e concretamente para as colaboracións que esta entidade fai en campañas de divulgación do coñecemento da actividade feminina.
A finalidade do material deste libro é proporcionar ao profesorado unha serie de modelos para traballar nas aulas con cine comercial destinado ao gran público (non o documental nin o de proxeccións dedicadas a minorías). Trátase de presentar diversas opcións e posibilidades de utilización do cine como fonte de información de carácter histórico e, como tal, analizalo e comentalo nas aulas.