Anaír Rodríguez (Vigo, 1978) licenciouse en Filoloxía Galega pola Universidade de Vigo e traballa dende hai anos como editora en Edicións Xerais, o que compaxina co activismo a prol da lectura na asociación Espazo Lectura, da que é socia fundadora. É coautora de diversos materiais de ensino da lingua galega, tradutora de obras da literatura infantil e xuvenil e autora dos álbums «Pioneiras. Galegas que abriron camiño» (Xerais 2018), ilustrado por Nuria Díaz, e «Pioneiras 2. Galegas que abriron camiño» (Xerais 2019), con ilustracións de Abi Castillo.
Recibe novedades de ANAIR RODRIGUEZ RODRIGUEZ directamente en tu email
Unha das primeiras correspondentes de guerra foi galega, tamén unha das primeiras navegantes, escritoras ou directoras dun xornal. Este libro fala de doce mulleres que conseguiron vencer as barreiras impostas ao seu xenero e dar os primeiros pasos por vieiros transitados ata ese momento so por homes. Mulleres reais e diversas que no seu dia foron pioneiras en diferentes ambitos e cuxas historias merecen ser coñecidas e postas en valor.Unha das primeiras correspondentes de guerra foi galega, tamén unha das primeiras navegantes, escritoras ou directoras dun xornal. Este libro fala de doce mulleres que conseguiron vencer as barreiras impostas ao seu xenero e dar os primeiros pasos por vieiros transitados ata ese momento so por homes. Mulleres reais e diversas que no seu dia foron pioneiras en diferentes ambitos e cuxas historias merecen ser coñecidas e postas en valor.
Máis pioneiras galegas que fixeron historia.Son fotógrafas, arquitectas, mestras, políticas, actrices, astrónomas, aviadoras... O segundo volume de «Pioneiras. Galegas que abriron camiño» fala de mái