ANGEL DE LA VEGA


ÁNGEL DE LA VEGA (Ángel Martínez Fernández de la Vega) (Friol, 1931) é xornalista. En 1958 entrou na redacción de El Progreso de Lugo, medio no que foi redactor xefe, durante vintecinco anos, ata a súa xubilación no ano 1995. Foi fundador e director de Hoja del Lunes de Lugo e director durante vinteseis anos de Heraldo de Vivero. Foi correspondente de diferentes xornais (Ya, Informaciones, Pueblo, El Ideal Gallego, La Región Internacional), así como das axencias Europa Press e Logos. Membro da Asociación da Prensa de Lugo, da que foi vicepresidente e secretario, recibiu en 1996 a súa medalla de ouro. En 1995 foi nomeado " Lucense do ano " . É autor dunha guía turístico-literaria sobre Friol, a súa vila natal, e participou en 1997 como poñente do Congreso sobre Ánxel Fole, con quen mantivo unha estreita amizade ao longo de corenta anos.
Recibe novedades de ANGEL DE LA VEGA directamente en tu email
Del 1 al 1 de 1
ANXEL FOLE: 101 ANECDOTAS

Edicións Xerais 9788497820370


Del 1 al 1 de 1