Coa represión, que se xeneralizou coa vitoria dos sublevados en 1939, centos de mulleres comprometidas coa guerrilla antifranquista foron asasinadas, encarceradas, torturadas, violadas, recluídas en campos de concentracion; tiveron que partir cara ao exilio nunha viaxe, para algunhas, sen volta ou viviron un exilio interior. A sua e a cronica das silenciadas, porque foron obxecto dunha dupla falta de memoria: por seren desafectas ao novo rexime e pola sua condicion feminina.A planificacion politica e ideoloxica imposta polo rexime ditatorial e polo nacionalcatolicismo tivo unha especial incidencia nas mulleres. Foi unha epoca en que o androcentrismo campou por todas as partes; agardabase que fosen transmisoras da ideoloxia do novo rexime e que estivesen alonxadas da actividade publica. De ai a incomprension, o rexeitamento para as que traspasaron as barreiras da domesticidade porque, en maior ou menor medida, estaban exercendo unha actividade politica e, por tanto, publica. A represion, que adoptou diversas facianas, foi especialmente cruel coas mulleres, mais as dimensions e a ferocidade dos metodos utilizados coas guerrilleras foi brutal.Para elas durante moitos anos so houbo silencio, esquecemento e tortura moral, ao facelas pasar non so como bandoleiras, igual que os seus compañeiros de loita, senon tamen ...