Unha temática urbana, contemporánea, universal é a que se percibe en Derrota, obra cronoloxicamente anterior a Estrema. Doce personaxes anónimos, oito homes e catro mulleres, no espacio indeterminado dun parque publico, protagonizan unha serie de escenas aparentemente inconexas entre si que progresivamente van adquirindo sentido para chegar a unha coherencia final que lles proporciona significado. A corrupcion, a identidade, o paso do tempo, as relacions humanas... o mundo da marxinacion, a morte, a droga, a delincuencia, o amor, a esperanza no futuro, todo se presenta ante nos a traves das situacions que viven os personaxes no parque. E unha obra moderna na sua forma, de actualidade na sua tematica. E un texto ben escrito e construido, admirablemente dialogado, que utiliza referentes coñecidos e que sabe alternar o cotian co transcendente, evitando o transcendentalismo pero transmitindo de modo moi eficaz o contido cunha poderosa teatralidade.