Poeta de formación, en boa medida, autodidacta, pero cunha especial capacidade para asimilar o legado de Rosalía e mais aqueloutro da lírica de carácter popular, María Mariño (1918-1967) é un dos nomes míticos da nosa literatura contemporánea. Mítico, porque nalgunha ocasión mesmo xurdiron dúbidas arredor da súa verdadeira personalidade, trátase de alguén que viviu practicamente fora do mundo das relacións literarias -e mítico tamén por canto a súa obra, reducida a penas a un par de títulos- non foi sempre de acceso doado para o público. En todo caso, coa edición que agora presentamos, estamos diante dunha autora na que o intimismo radical, o desacougo que xorde da propia conciencia da morte, da aniquilación que se aproxima enchen os versos dunha beleza interior: sombriza e preñada de tristura, tal vez, máis beleza sempre que se combina aínda cunha percepción especial da paisaxe en poemas nos que entrevemos a comunicación dun mundo e dunhas vivencias certamente profundas e singulares.
Pura Vázquez (1918) é unha senlleira representante da primeira xeración de escritoras da posguerra. Desde íntimas (1952), a súa primeira obra lírica en galego, salientou como unha das voces poéticas mais cargadas de emocion e riqueza. Autora prolifica, escribe teatro para nenos, novela e unha extensa obra poetica. Na primeira etapa da sua produccion lirica, que vai dende 1952 a 1975, sobresaen obras como Maturidade (1955), A Saudade e outros poemas (1963), O desacougo (1971) e Ouriolos neneiros (1974). Nestas obras forxanse os trazos fundamentais, tanto tematicos como estilisticos, do seu quefacer poetico. A Saudade e outros poemas e O desacougo son altamente representativas da sua poesia: intimismo ensarillado en imaxes da natureza, unha elevada sentimentalidade en que a solidariedade da emigracion se enlea na señardade do mundo rural; unha lirica emotiva que arroupa unha esencial reflexion sobre o tempo e unha sentida saudade que emboca en desacougo existencial.