Catro extraordinarias manifestacións de entroido que sobreviven, renacendo reacentuadas, á beira do inesquecible Río do Esquecemento. O alento de porvir e de paz dos Cabreiros de Muíños. A bendición vexetal dos Follateiros de Lobios. A sutileza liberadora das Madamitas do Entrimo. O espello de mundo reconciliado dos Troteiros de Bande.
Uns apuntes de situación, da situación de mundo dos Ancares a finais dos anos 80 e principios dos anos 90 do século XX, no que atinxe tanto ás realidades materiais como ás realidades ideais. Apuntes e voces, a proximidade das cousas no espazo fibrado de neboa dun goxo. Ainda un pequeno portelo para entrar na amplitude de vida daquel universo. Unha cella, unha morea de neve que prometeu o vento. E a ponte pobre das bagoas, a nube de sentimento dunha porfia de atencion.
Un testemuño lancinante de porfía de existencia do mundo da serra. Pode facer o pastor corenta quilómetros ó día. Quixeran que atoparas un sitio na serra onde non puceran os pés. A serra é brava, brava, brava, brava aguzadoiramente. Habia un diluvio de res. A cotolovia esta por riba dun, a cotolovia empeza a asubiar, canta moito, sempre esta asubiando, e veña e veña, ata que a perdes de vista, perdese de vista, en subir para riva perdese de vista. A cotolovia fai estrañar a un. recinsadas de ceo, nubes por riba do Castelo. Agravandose concisas, arbores queimadas en agulla de reloxo. Continuante de frase, a luz dun candil facendo sombra.