Estudo que pretende reconstruir o proceso de interrelación entre lingua e sociedade en Galicia a través do tempo Fundamentado nun sólido marco conceptual e metodolóxico que cuestiona tópicos e doutrinarismos, este libro fai un percorrido no que repasa o papel e a situación da lingua galega en cada periodo da Historia. O autor achéganos unha visión novidosa e enriquecedora do noso pasado desde a óptica da Sociolingüística.
Suxestiva visión do microcosmos lírico que conforman as cantigas de Martín Codax, Mendiño e Johán de Cangas.O libro é o resultado das achegas de tres estudosos que, desde as ópticas máis acordes coas suas traxectorias de traballo, se aproximan ao mundo da poesia galega da Idade Media. Henrique Monteagudo asina un estudo de caracter introdutorio sobre o marco historico e literario no que se desenvolve a lirica trobadoresca. Luz Pozo Garza leva a cabo unha detallada analise das cantigas e Xesus Alonso Montero explora a historia bibliografica e critica da poesia galego-portuguesa, dende a sua descuberta e primeiras edicions ata a sua presenza constante no devir da lirica galaga do seculo XX.
A reflexión sobre o idioma galego, desde diferentes ángulos, constitúe un espazo ben singularizado e mesmo central nos escritos ensaísticos e literarios de Castelao, quen foi moi consciente da importancia que a problematica linguistica tiña para calquera programa de revitalizacion politica e cultural de Galicia.