Os petroglifos galegos son hoxe recoñecidos como unha das manifestacións artísticas máis sinaladas da cultura universal. Conta coas interpretacións científicas de Antonio de la Peña e as fotogra
Gran coñecedor da alma da cidade, Ferrín fala demoradamente do mar, das rúas e das xentes de Vigo. Percorre Alcabre, a ribeira do Berbés, Coruxo. o cerne da cidade, descubrindo anécdotas agochadas tras as pedras da zona vella. A panoramica enriquecese coa vision de Julio Gil, que retrata cores e escenarios multiformes, empresarios e mariñeiros, casas baixas e torres de formigon. imaxes concisas que resumen o xeito de vida da cidade olivica.
O seu libro máis transgresor, obrigada referencia na obra de Xela Arias, unha criación combinada de poesía e fotografía, nacida man con man entre a poeta e o fotógrafo Xulio Gil. Inclúe dous traballos criticos de Xose Enrique Acuña e Maria Xesus Nogueira.