Goretti Sanmartín Rei é profesora titular de Filoloxía Galega da Universidade da Coruña e formou parte durante dous anos, da Comisión de Seguimento e Impulso do Plan xeral de normalización da lingua galega. Para alén do seu achegamento á funcionalidade dos prólogos nun contexto de contacto de linguas como o galego, realizou diversas contribucións ao estudo da etapa das Irmandades e moi especialmente á figura de Ramón Vilar Ponte, ao seu constante compromiso coa lingua como elemento vertebrador da idea de Galicia e á súa influencia na conformación do pensamento nacionalista. Participou igualmente en diferentes proxectos que, desde unha perspectiva histórica ou contemporánea, pretendían incidir na restauración dun modelo de lingua galega de calidade desde unha óptica que integra e acrecenta como un valor fundamental para o noso coñecemento lingüístico a lingua literaria.
Recibe novedades de GORETTI SANMARTIN REI directamente en tu email
Nos camiños do entusiasmo. Calidade da lingua e planificación pretende, fundamentalmente, ligar a defensa do idioma galego co emprego dun modelo de lingua culto que incida na recuperación do prestixio e da dignidade que ainda esta a precisar para ocupar o espazo que merece como lingua propia deste pais. Para iso aborda os problemas mais urxentes da lingua galega na actualidade e realiza un percorrido critico por duas ferramentas que puideron ser fundamentais no proceso de normalizacion: o Plan xeral de normalizacion da lingua galega e o acordo normativo de xullo de 2003. Desde esta perspectiva xeral, este ensaio de Goretti Sanmartin Rei combina a analise das politicas linguisticas desenvolvidas nos ultimos anos, a revision de conceptos fundamentais neste ambito de fonda tradicion entre o movemento nacionalista, mais cada vez mais cuestionados socialmente, coa reivindicacion de textos e personalidades relevantes da nosa particular tradicion sociolinguistica, para contribuir coa sua (re)lectura a nos sentirmos elos dunha cadea que debemos transmitir con entusiasmo. Nesta dramatica mais esperanzada viaxe a autora contextualiza textos e interpretacions sobre a obra de Manuel Garcia Blanco ou de Ramon Piñeiro e afonda de maneira especial no pensamento de Ramon Vilar Ponte e da sua xeracion, nun intento de recuperar algunhas das voces que deseñaron unha necesaria politica para a lingua que precisa anovar os discursos e constituir un referente recoñecido tanto social como academicamente.Nos camiños do entusiasmo. Calidade da lingua e planificación pretende, fundamentalmente, ligar a defensa do idioma galego co emprego dun modelo de lingua culto que incida na recuperación do prestixio e da dignidade que ainda esta a precisar para ocupar o espazo que merece como lingua propia deste pais. Para iso aborda os problemas mais urxentes da lingua galega na actualidade e realiza un percorrido critico por duas ferramentas que puideron ser fundamentais no proceso de normalizacion: o Plan xeral de normalizacion da lingua galega e o acordo normativo de xullo de 2003. Desde esta perspectiva xeral, este ensaio de Goretti Sanmartin Rei combina a analise das politicas linguisticas desenvolvidas nos ultimos anos, a revision de conceptos fundamentais neste ambito de fonda tradicion entre o movemento nacionalista, mais cada vez mais cuestionados socialmente, coa reivindicacion de textos e personalidades relevantes da nosa particular tradicion sociolinguistica, para contribuir coa sua (re)lectura a nos sentirmos elos dunha cadea que debemos transmitir con entusiasmo. Nesta dramatica mais esperanzada viaxe a autora contextualiza textos e interpretacions sobre a obra de Manuel Garcia Blanco ou de Ramon Piñeiro e afonda de maneira especial no pensamento de Ramon Vilar Ponte e da sua xeracion, nun intento de recuperar algunhas das voces que deseñaron unha necesaria politica para a lingua que precisa anovar os discursos e constituir un referente recoñecido tanto social como academicamente.
Este volume recolle dez artigos ligados entre si polo obxectivo central de ofrecer alternativas actuais á situación da lingua galega na actualidade.
Mergullándose na complexidade da situación sociol