As covas de aceiro é un thriller robótico publicado orixinalmente por entregas na revista Galaxy Science Fiction e editado máis tarde por Doubleday como volume de seu. Trátase da primeira novela da chamada serie dos robots, e seguramente a mais completa. A trama xira arredor da tensa relacion entre duas civilizacions: unha, a dunha Terra superpoboada, cuxos habitantes se amorean en cidades encovadas e se amosan reticentes a calquera aperturismo e sobre todo as innovacions tecnoloxicas a decadencia cultural e un tema recorrente ao longo de toda a obra de Asimov. A outra, a dos espacenses (individuos e robots dos Mundos Exteriores), unha sociedade avanzada que, precisamente por tal motivo, e consciente dos retos que entraña o futuro. Tras moito tempo vivindo de costas, sera un estraño homicidio o feito que obrigue a ambos os bandos a cooperar, coñecerse e entenderse.O detective terricola Elijah Baley sera o guia que conduza o lector por un dos universos futuristas mais logrados da literatura de ciencia ficcion. Cun estilo fluido que permite que a accion avance sen pausa e con escasos requilorios, esta novela atesoura ademais a famosa formulacion das leis da robotica e multitude de neoloxismos que a dia de hoxe son de uso comun.
Hijo del tiempo una de las novelas más fascinantes surgidas entre dos maestros de la ficción científica, plantea la posibilidad de viajes en el tiempo y el consiguiente choque de culturas que se deri