Deseño en Formación Ocupacional e Inserción Laboral é un libro que ofrece unha base teórica e conceptual sobre algúns dos conceptos máis relevantes dentro do que sería a formación profesional, tentando converterse nun referente para as persoas que, no seu ámbito laboral, teñan relación co deseño da formación para o traballo e coa inserción no mundo laboral. A súa organización concrétase en cinco capítulos. O primeiro aborda a formación para o traballo no contexto europeo a través dun percorrido polas organizacións que desenvolven a súa tarefa na formación profesional, así como nos programas de formación que, dende a Comunidade Europea, se levaron a cabo coa intención de desenvolver competencias profesionais. Dende as primeiras iniciativas ata as perspectivas para o ano 2013, faise unha análise detallada daquelas, facendo fincapé nos seus obxectivos e finalidades, así como nos recursos previstos para o seu desenvolvemento.(...)