Ramón Mariño Paz (Balbargos-Noia, 1962) é catedrático de Filoloxías Galega e Portuguesa da Universidade de Santiago de Compostela, investigador do Instituto da Lingua Galega e codirector da revista «Verba (Anuario Galego de Filoloxía)». Os seus primeiros pasos no mundo da investigación deunos no campo da lexicografía, mais desde os tempos da elaboración da súa tese de doutoramento as súas pescudas orientáronse principalmente cara á historia social da lingua galega, a historia do galego escrito, a recuperación de textos dos Séculos Escuros e de principios do XIX e a fonética, a fonoloxía e a morfoloxía históricas da lingua galega. Os resultados deste traballo presentounos en distintas revistas científicas, en volumes colectivos, en congresos nacionais e internacionais e en libros como «Historia da lingua galega» (1998), «Eladio Rodríguez e a cultura galega» (2001), «A lingua galega no limiar da súa renacenza» (2003), «Historia de la lengua gallega» (2008) ou «Papés d'emprenta condenada. A escrita galega entre 1797 e 1846» (2008).

Recibe novedades de Ramón Mariño Paz directamente en tu email

Del 1 al 5 de 5
-ramon mariño paz-9788497520683
Tapa blanda
O ROMANCE DA URCA DE SANTO ANTON (1777)

Ramón Mariño Paz

-ramon mariño paz-9788478263332
Tapa blanda
HISTORIA DA LINGUA GALEGA (2ª ED.)

Ramón Mariño Paz

-ramon mariño paz-9788478243334
Tapa blanda
HISTORIA DA LINGUA GALEGA

Ramón Mariño Paz

(1)
-ramon mariño paz-jose antonio souto cabo-9788410267855
Tapa blanda
De Rui Vasques a Gregório de Lobariñas Feijó

Ramón Mariño Paz y SOUTO CABO, JOSE ANTONIO

Del 1 al 5 de 5