Velaquí as memorias dun editor.En realidade son algo máis ca unhas memorias. Voz persoal e compartida. Cronica coral. Narración de poeta, editor, xornalista, cidadán... Testemuña dun tempo escuro e ainda asi cheo de luces, relampos no fuscolusco, que invitan a reconstruir un periodo da nosa historia mais proximo do que parece. Sabino Torres, con humor, con intelixencia, cunha prosa axil e desinhibida, recupera un tempo pouco coñecido da nosa historia contemporanea (da nosa historia cultural e da nosa historia social), centrado na vila do Lerez entre o ano 1936, coincidindo co levantamento dos militares en Africa e as manifestacions a prol da Republica, que o autor viu como reprimian sendo un rapaciño de 12 anos mentres xogaba as bolas cos compañeiros na alameda pontevedresa, ata o ano 1969, en que decide deixar Galicia para iniciar novos camiños profesionais e vitais. Pero a memoria volve, forma parte de nos. Imposible agochala.
Pontevedra nos anos trinta a cincuenta. Vello barrio da Moureira. Velaquí un libro escrito entre a memoria e a ficción, entre a crónica e a reinvención literaria. Sabino Torres, o editor da mítica colección Benito Soto, recrea un tempo de mocidade que corresponde a toda unha xeración. Calquera parecido coa realidade non é simple coincidencia. A vella Moureira, antigo arrabalde das putas, territorio de iniciación para certa sociedade pontevedresa, sérvelle para transportarnos a outra época, non tan distante como parece. As pupilas e as patroas enfriaban a champaña nas pías da salga...