Este libro recolle unha longa entrevista con Carlos Núñez, o músico galego contemporáneo máis coñecido e admirado no mundo, realizada polo xornalista Salvador Rodríguez paralelamente ao proceso de elaboración de “Almas de Fisterra”, o seu último disco. Este é un volume singular e policromático, onde se percorre a traxectoria vital e musical dun creador virtuoso e excepcional, ao tempo que se fai partícipe aos lectores das claves do proceso de investigación cultural que levou á gravación dunha obra que une a Galicia coa común esperanza bretona de dúas fisterras. Carlos Núñez vai esmiuzando, ao longo das páxinas desta longa conversa, o seu profundo coñecemento do mundo bretón, dende as súas primeiras estancias en Plomeur e Lorient ata as investigacións que levaron á gravación do seu último disco que constitúe unha achega profunda ao un imaxinario musical e cultural compartido. O volume inclúe, ademais, unha estensa información, organizada en apartes temáticos, sobre as semellanzas e coincidencias destes imaxinario, sobre os irmanamentos entre cidades e vilas galegas e bretonas, sobre curiosidades célticas, sobre mitos comúns (Breogán, San Barandán…), sobre a Materia de Bretaña en Galicia, sobre as relacións de Álvaro Cunqueiro coa Bretaña… O volume, que recolle un amplo repertorio fotográfico e de ilustracións, remata coas opinións de Carlos Núñez sobre a creación do xénero da música celta, así como relatando a presencia de Alan Stivell en Galicia e o concerto de músicos das dúas fisterras con motivo da catástrofe do Prestige. Un libro, pois, que trascende o musical para situarse no horizonte desas historias que proceden dos niños da sabedoría, entendida como crisol entre o coñecemento, a imaxinación, o romanticismo, o xogo do azar e a maxia.
"Cada cierto tiempo, los seres humanos parecen necesitar saber de alguien que tendrá la dicha de alcanzar el Cielo, el Paraíso, el Nirvana, la cuarta dimensión, algo totalmente increíble para algunos pero cierto y real para muchas personas. "
La obra recoge y analiza casos, actitudes y situaciones vistas desde la historia y la antropología del fenómeno brujeril y del demonio, personaje sagrado con el que frecuentemente se asocia, pero también con la marginación social y el género femenino, y que por otras partes sigue presente en determinadas sociedades y religiones, como es el caso de algunos movimientos religiosos de tanta actualidad en Andalucía y España