Xoan Bernardez Vilar


Nacido en Marín en 1936, aos sete anos trasládase a Vigo. Estuda Maxisterio na Escola Normal de Pontevedra. En 1957 convértese en Auxiliar Administrativo da Caja de Ahorros y Monte de Piedad Municipal de Vigo, hoxe Caixanova. Máis tarde, entre 1990 e 1995, realizou a carreira de Xeografía, Arte e Historia na Universidade de Vigo. Colaborou no programa de radio Raíz e Tempo (primeiro programa en galego despois da Guerra Civil) de La Voz de Vigo (1965-1975), continuou en Radio Ecca, tamén como guionista histórico. Dirixiu dúas revistas, Galicia Social e Latexo. Foi asesor histórico da serie da TVG Terras de Merlín, e publicou en múltiples revistas como a do Instituto de Estudos Miñoranos, Encrucillada, Agalia, etc. Publicou tamén contos. É tradutor de galego, castelán, portugués, italiano, francés, inglés, e latín. Actualmente traballa na súa Tese de Doutoramento sobre A Fachada Atlántica europea na Antigüidade a través da 'Ora Maritima' de Rufo Festo Avieno. Dende o 22 de febreiro do ano 2003 é Académico Correspondente da Real Academia Galega. O 11 de xullo de 2011 defendeu en Ourense a súa tese de doutoramento, obtendo a cualificación de sobresaínte, polo que dende esa data é doutor en Xeografía, Arte e Historia pola Universidade de Vigo. Obras Principais: Narrativa • Un home de Vilameán: anatomía da revolución Irmandiña, 1976. • ¡Ouveade, naves de Tarsish, 1983. • Homo sapiens, 1984. • Vento do norte, Vento do sul, 1985. • No ano do cometa, 1987. • ¡Xerusalén, Xerusalén!, 1992. • Big-Bang, 1996. • A saga da illa sen noite, 2001. Ensaio • Galicia no século VI antes de Cristo. Estudo Histórico-Xeográfico da Ora Maritima de Rufo Festo Avieno, 1990. • Xeografía do mito de Tristán e Iseu, 2000. • Antes da invención de América. As descubertas precolombinas do século XV, 2001. • A arte ó servicio do poder. Alexandre-Augusto, 2001. • A etapa portuguesa de Co...
Recibe novedades de XOAN BERNARDEZ VILAR directamente en tu email
Del 1 al 13 de 13
NO ANO DO COMETA

XERAIS 9788475072500


HOME DE VILAMEAN, UN

XERAIS 9788475070896


LA EDAD MEDIA EN GALICIA: DOCUMENTOS PARA LA HISTORIA DE GALICIA. (LA GALLAECIA QUE SE EMANCIPO DE ROMA)

TOXOSOUTOS 9788415400219


XERUSALEN, XERUSALEN

EDICIONS DO CUMIO 9788487126482


CADERNOS RAMON PIÑEIRO (VI): IDACIO LEMICO: CHRONICA (379-469)

XUNTA DE GALICIA.SERVICIO CENTRAL 9788445339220


O REI ARTUR: MITO E REALIDADE

GALAXIA 9788482888477


BIG-BANG

XERAIS 9788475079776


NO ANO DO COMETA (2ª ED)

Edicións Xerais 9788475078311


ANTES DA INTERVENCION DE AMERICA AS DESCUBERTAS PRECOLOMBINAS DO SECULO XV

UNIVERSIDAD DE VIGO 9788481581775


SAGA DE LA ISLA SIN NOCHE

TOXOSOUTOS 9788496259157



UN HOME DE VILAMEAN (6ª ED.)

Edicións Xerais 9788475074481


A SAGA DA ILLA SEN NOITE

TOXOSOUTOS 9788495622105


Del 1 al 13 de 13