📗 Libro en gallego NO ANO DO COMETA (2ª ED)

Edicións Xerais - 9788475078311

Literatura en gallego Narrativa en gallego

Sinopsis de NO ANO DO COMETA (2ª ED)

No ano do cometa, trasládanos á Europa de 1066, cando, trala morte do rei Edward o Confesor, se abre un dos pleitos sucesorios máis sanguentos da historia. A aparición do cometa Halley nese mesmo ano, será interpretada como signo favorable á invasión de Inglaterra planeada polo duque Guillerme de Normandía. Galicia non está exenta desta aventura e na trama xoga un papel importante o intento do rei García de casar cunha nobre saxona. Bernárdez reflecte na novela o ambiente de terror e pánico que se apoderou das Illas Británicas por mor da aparición do cometa Halley, nun tempo no que aínda estaban cercanas as "razzias" do caudillo árabe Almanzor e o sentimento de angustia e apocalepse que o fin do primeiro milenio produciu no occidente cristiano. Bernárdez constrúe a súa novela sobre a base destes feitos reais, reconstruídos tanto a traves de estudios realizados por autores modernos, como da análise dos textos contemporáneos, así como da comprobación ocular dos lugares onde aqueles aconteceron.

Ficha técnica


Editorial: Edicións Xerais

ISBN: 9788475078311

Idioma: Gallego

Número de páginas: 264
Tiempo de lectura:
6h 15m

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 15/03/1987

Año de edición: 1987

Plaza de edición: Es

Colección:
EDICIÓN LITERARIA - NARRATIVA

Alto: 21.0 cm
Ancho: 13.0 cm
Grueso: 2.0 cm
Peso: 319.0 gr

Especificaciones del producto



Escrito por Xoan Bernardez Vilar


Nacido en Marín en 1936, aos sete anos trasládase a Vigo. Estuda Maxisterio na Escola Normal de Pontevedra. En 1957 convértese en Auxiliar Administrativo da Caja de Ahorros y Monte de Piedad Municipal de Vigo, hoxe Caixanova. Máis tarde, entre 1990 e 1995, realizou a carreira de Xeografía, Arte e Historia na Universidade de Vigo. Colaborou no programa de radio Raíz e Tempo (primeiro programa en galego despois da Guerra Civil) de La Voz de Vigo (1965-1975), continuou en Radio Ecca, tamén como guionista histórico. Dirixiu dúas revistas, Galicia Social e Latexo. Foi asesor histórico da serie da TVG Terras de Merlín, e publicou en múltiples revistas como a do Instituto de Estudos Miñoranos, Encrucillada, Agalia, etc. Publicou tamén contos. É tradutor de galego, castelán, portugués, italiano, francés, inglés, e latín. Actualmente traballa na súa Tese de Doutoramento sobre A Fachada Atlántica europea na Antigüidade a través da 'Ora Maritima' de Rufo Festo Avieno. Dende o 22 de febreiro do ano 2003 é Académico Correspondente da Real Academia Galega. O 11 de xullo de 2011 defendeu en Ourense a súa tese de doutoramento, obtendo a cualificación de sobresaínte, polo que dende esa data é doutor en Xeografía, Arte e Historia pola Universidade de Vigo. Obras Principais: Narrativa · Un home de Vilameán: anatomía da revolución Irmandiña, 1976. · ¡Ouveade, naves de Tarsish, 1983. · Homo sapiens, 1984. · Vento do norte, Vento do sul, 1985. · No ano do cometa, 1987. · ¡Xerusalén, Xerusalén!, 1992. · Big-Bang, 1996. · A saga da illa sen noite, 2001. Ensaio · Galicia no século VI antes de Cristo. Estudo Histórico-Xeográfico da Ora Maritima de Rufo Festo Avieno, 1990. · Xeografía do mito de Tristán e Iseu, 2000. · Antes da invención de América. As descubertas precolombinas do século XV, 2001. · A arte ó servicio do poder. Alexandre-Augusto, 2001. · A etapa portuguesa de Colón e a súa viaxe Ultra Tile, 2003. · O comezo da nosa Idade Media. A Gallaecia que se emancipou de Roma, 2003. · O rei Artur: Mito e realidade, 2005. Teatro · O valedor do reino, 2002, edición dixital. Obras colectivas · Unha liña no ceo (58 narradores galegos 1979-1996), 1996. · Dicionario Enciclopedia do Pensamento Galego, 2008. Premios · 3º Premio do Concurso Nacional de Contos Infantís O Facho no 1968, por A nau do lonxano país. · 3º Premio do Concurso Nacional de Contos Infantís O Facho no 1969, por O neno que soñou cunha illa. · Premio do Padroado da Cultura Galega de Montevideo en 1976 por Un home de Vilameán: anatomía da revolución Irmandiña. · Accésit do Premio Modesto R. Figueiredo do Pedrón de Ouro en 1983, por Homo sapiens. · Premio Galicia de Investigación da Universidade de Santiago de Compostela no 1984, por Galicia no século VI antes de Cristo. Estudo Histórico-Xeográfico da Ora Maritima de Rufo Festo Avieno. · Premio Casa Galicia de León en 1984, por Vento do norte, Vento do sul. · Premio Xerais en 1986, por No ano do cometa. · Premio Concello de Vilalba en 1993, por Big-Bang. · Premio Concello de Vilalba en 1999, por A saga da illa sen noite. · Premio de teatro da Universidade de Vigo no 2002, por O valedor do reino. · Premio Taboada Chivite do Concello de Verín no 2003, por A etapa portuguesa de Colón e a súa viaxe Ultra Tile. · Premio de Historia Medieval da editorial Toxosoutos de Noia e finalista do Premio Antonio Fraguas do Concello de Cotobade en 2002, por O comezo da nosa Idade Media. A Gallaecia que se emancipou de Roma. · Premio Ramón Piñeiro de Santiago de Compostela no 2004, pola tradución de Idacio Lémico: Chronica (379-469). · Premio de relato, poesía e tradución da Universidade de Vigo no 2003, por Chronica Hermerici. · Finalista do Premio Ramón Piñeiro da Editorial Galaxia en 2005, por O rei Artur: Mito e realidade.
Descubre más sobre Xoan Bernardez Vilar
Recibe novedades de Xoan Bernardez Vilar directamente en tu email

Opiniones sobre NO ANO DO COMETA (2ª ED)


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana