Cun limiar do profesor Xesús Alonso Montero, as conversas son froito dun traballo pouco frecuente no xornalismo galego: entrevistar durante corenta e oito semanas a un escritor. Xose Manuel del Caño realizou un traballo paciente e rigoroso ao recoller as opinions e lembranzas de Antonio Tovar desde abril do ano 2002 ata febreiro do 2003. Xose Manuel del Caño estrutura as entrevistas de tal xeito que manten o interese da lectura e transmite o xeito de falar directo e categorico do poeta. De Vicente Risco ao Partido Comunista, de presenza da morte ao amor, de Ourense a Galicia, neste libro viaxase pola vida e obra literaria dun autor de personalidade autentica e senlleira. A literatura, a politica e os amigos xorden neste libro a traves da voz do propio poeta, que fala sen cancelas e logra apreixar o lector ou lectora nunhas verbas cheas de coherencia vital, lucidez e radicalidade.
Autor de milleiros de artigos, relatos curtos e novelas, Carlos G. Reigosa é un dos escritores e xornalistas galegos contemporáneos que conta con maior interese e proxección entre os lectores. O presente volume, prologado por Ramón Villares e Alfonso S. Palomares e epilogado por Alfredo Bryce Echenique, recolle as longas horas de conversas que o escritor da Pastoriza mantivo con Xosé Manuel del Caño. Sen solemnidades nin reservas, sen críticas aos demais nin vontade de fixar ortodoxias, Carlos G. Reigosa reconstrúe con claridade a súa andaina humana e literaria, desvelando o lado da sombra dunha vida que se desenvolve a plena luz do día, a través dos milleiros de páxinas que leva publicadas. O título do libro alude a un "misterio" que se pretende descifrar, que se tal houbese está nos seus eidos de tras da Corda, na infancia e na familia, en lugares sempre revisitados, un espazo temporeiramente choído pola néboa e o esquecemento.
'O primeiro escritor que coñecín e tratei foi a Luís Pimentel. Tivemos moita intimidade. Era moi cariñoso, moi firme nas súas ideas, que defendía sen erguer a voz, moi elegante no vestir, e tamén moi aprensivo coas enfermidades. Pasou a vida queixándose do estómago e do corazón (...)'. 'Fixen o campamento militar en Parga. Alí atopei con Novoneyra. Era o escribente do brigada de cociña e levábame a comer con el. Nas horas libres iamos ler D'o Ermo de Noriega onda unha pena, envoltos en capotes (...)'. 'Pola tarde citábamonos na tertulia do café Español. Alí estaba Borobó, que daquela dirixía La Noche, e tamén García Sabell, Fermín Bouza-Brey, Francisco Río Barxa, Maside, Benito Varela Jácome, Ramón Lugrís, Floro Morán, que era dono do Hotel España e cuñado de Fernández Albor, Otero Pedrayo, Ramón Piñeiro... (...)'. 'Ó non callar o proxecto do Consello da Mocedade abríronse dúas opcións. A cabeza da U.P.G. era Ferrín. A do P.S.G., Beiras... (...)'. 'Se a nosa cultura non se explica dende a realidade socio-política do país, non se entende absolutamente nada'.
Este libro recolle as conversas que en Vilanova dos Infantes mantivo o xornalista Xosé Manuel del Caño con X. L. Méndez Ferrín sobre historia, literatura e nación. Méndez Ferrín é figura cimeira da cultura galega contemporanea: grande mestre do relato curto, renovador da novela, voz poetica rupturista, rigoroso critico e investigador literario, polemico articulista e infatigable militante da liberacion politica e social de Galicia. Nestas conversas vai debullando as liñas fundamentais sobre o seu pensamento sobre o pasado antigo e recente do territorio que comprende a vella Gallaecia, a nosa literatura, o panorama internacional e as posibilidades de apertura de novos camiños dentro dun horizonte de esperanza que comeza a agromar.Este libro recolle as conversas que en Vilanova dos Infantes mantivo o xornalista Xosé Manuel del Caño con X. L. Méndez Ferrín sobre historia, literatura e nación. Méndez Ferrín é figura cimeira da cultura galega contemporanea: grande mestre do relato curto, renovador da novela, voz poetica rupturista, rigoroso critico e investigador literario, polemico articulista e infatigable militante da liberacion politica e social de Galicia. Nestas conversas vai debullando as liñas fundamentais sobre o seu pensamento sobre o pasado antigo e recente do territorio que comprende a vella Gallaecia, a nosa literatura, o panorama internacional e as posibilidades de apertura de novos camiños dentro dun horizonte de esperanza que comeza a agromar.