📗 Libro en gallego CONTOS COLORADOS: NARRACIONS EROTICAS DA TRADICION ORAL GALEGA

NARRACIÓNS ERÓTICAS DA TRADICIÓN ORAL

Edicións Xerais - 9788483025376

Literatura en gallego Narrativa en gallego

Sinopsis de CONTOS COLORADOS: NARRACIONS EROTICAS DA TRADICION ORAL GALEGA

Estes Contos colorados son unha mostra ampla, seria, competente e representativa das narracións eróticas da tradición oral de Galicia. Douscentos noventos contos, a maioría deles moi breves, dos considerados popularmente como de amores, rubios, pilleirentos, pícaros, pillabáns, eróticos ou porno-inxenuos, xa que todos eles falan, insinúan ou inciden en materia sexual. Reelaboradas e coidadosamente anotadas, as narracións que aquí se presentan constitúen a variante total dos contos eróticos galegos que se foron aprendendo de boca a orella, de xeración en xeración, na longa viaxe dos séculos. Quen lea este volume verá desfilar páxina a páxina unha impresionante galería de maridos cornudos, curas putañeiros, acólitos e sancristáns luxoriosos, esposos cansos e pouco espilidos, casadas infieis, monxas lascivas, episodios de zoofilia, artes e enganos de amantes e queridos, descarnadas burlas de todo tipo de comportamentos sexuais, especialmente os dos cregos hipócritas que fan todo o contrario do que predican, pecados de luxuria de solteiros, casados e relixiosos con profesión de castidade, inocentes burlados, falsas virxes, fillas que burlan a severa vixilancia dos seus pais, contraseñas que abren portas e propician encontros secretos de amantes adúlteros e toda clase de trasegos eróticos; con distintas doses de atrevemento e ousadía pero case sempre nun ton de humor despreocupado e burlesco. Ós ollos de hoxe, unha alta porcentaxe destas narracións son machistas e en moitos casos retrógadas nas valoracións morais que transmiten; anque noutros casos poidan ser certeiramente críticas e cuestionen de arriba a abaixo os poderosos alicerces do estamento clerical; pero en definitiva veñen sendo a plasmación de cómo asume ou entende unha sociedade tradicional, hoxe en quebra, determinados valores.

Ficha técnica


Editorial: Edicións Xerais

ISBN: 9788483025376

Idioma: Gallego

Número de páginas: 368
Tiempo de lectura:
8h 46m

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 16/11/2001

Año de edición: 2001

Plaza de edición: Es

Colección:
GRANDES OBRAS - EDICIÓNS SINGULARES

Alto: 26.0 cm
Ancho: 23.5 cm
Grueso: 2.5 cm
Peso: 1139.0 gr

Especificaciones del producto



Escrito por XOAN RAMIRO CUBA RODRIGUEZ y XOSE MIRANDA RUIZ


Xoán Ramiro Cuba Rodríguez. Lugo, 1958. Traballa no Museo Provincial de Lugo como Auxiliar de biblioteca. En 1992 creou con Ofelia Carnero, Mercedes Salvador e Antonio Reigosa o Equipo de Investigación Etnográfica Chaira . Como integrante deste equipo participou en todos os proxectos, traballos de campo , arquivo e publicacións do mesmo e é coautor dos libros Polavila na Pontenova (1998) e Da fala dos brañegos. Literatura oral do concello de Abadín (2004). Ten publicado tamén , individualmente e en colaboración, ducias de traballos en prensa e revistas especializadas. Por dous traballos de investigación relacionados coa Terra Chá foi distinguido co Premio "Manuel Mato Vizoso" en 1987 e 1989. Con Antonio Reigosa e Xosé Miranda escribiu trece libros publicados por Edicións Xerais de Galicia: Diccionario dos seres míticos galegos (1998), Pequena mitoloxía de Galicia (2001), Contos colorados. Narracións eróticas da tradición oral galega (2001) e os dez primeiros volumes da colección Cabalo Buligán (1998-2000). É responsable tamén, con estes mesmos autores, da Antoloxía do conto galego de tradición oral (2001) e con Fernando Arribas e Antonio Reigosa da Guía do Museo Provincial de Lugo (2003). A súa obra para primeiros lectores O caracol Remoldiño (Xerais, 2003) obtivo o Premio Lecturas da Asociación Gálix en 2005.
Descubre más sobre XOAN RAMIRO CUBA RODRIGUEZ
Xosé Miranda Ruíz (Lugo, 1955). Licenciado en Bioloxía. Profesor de bacharelato no Instituto Xoán Montes de Lugo. Narrador e poeta. Especialista en literatura de tradición oral. Como poeta ten publicado: Sonetosfera (1996), accésit do Premio Esquío 1995; Andantes e viaxeiros (1996), Premio Eusebio Lorenzo Baleirón 1995; Carozo azul (1997); Permiso para o corso (1997), Premio Esquío 1996. A súa poesía está reunida no volume As cidades mergulladas. (Poesía reunida 1973-2002) (Xerais 2003). Como narrador deuse a coñecer co relato Na terra sombría (1988), Premio Modesto Figueiredo; foron as súas obras posteriores: Historia dun paraugas azul (Xerais 1990, 2006), Premio de novela García Barros; A biblioteca da iguana (Xerais 1994, 2006), relatos; A neve e a cadeira (1994), relato longo; A tres bandas (Xerais 1995), novela policíaca; Vestío (1995, Xerais 2008), novela; Partenoxénese (1995), Premio de narrativa fantástica Xenciana, 1994; O demo á orella (Xerais 1996), relatos; «Seis medos» en Antoloxía do conto galego de medo (1996); Morning star (1998), Premio Xerais de novela; Infancia e desventura de Lino Carrán (2000), novela, Ariadna (Xerais 2002), novela; Pel de lobo (Xerais 2002), novela, Premio Merlín 2002; o relato "Tarxeta vermella" publicado en Materia prima (Xerais 2002) e Tarxeta vermella (Xerais 2003), relatos. Os seus contos de medo están recollidos nos volumes Triloxía pánica (Xerais 2000) e As mans do medo (Xerais 2007). Como autor de literatura infantil publicou: Lúa e os nubeiros (2000), O coello Federico (2000), Feitizo (Xerais 2001), Álvaro e Álvaro (Xerais 2004), Federico na silveira (Xerais 2006), ''Amancio Amigo e o meigo de Salamanca'' (Xerais 2006) e "Amancio Amigo e o Demo da Botella" (Xerais 2008). Tamén é coautor xunto con Antonio Reigosa e Xoán Ramiro Cuba do Diccionario dos seres míticos galegos (Xerais 1998) e dos vinte volumes dos contos da colección Cabalo Buligán (Xerais 1998-2003) recollidos da tradición oral. Así mesmo é co-autor dos volumes Contos colorados. Narracións eróticas da tradición oral galega (Xerais 2001), Pequena mitoloxía de Galicia (Xerais 2001), Cando os animais falaban (Xerais 2002), Antoloxía do conto galego de tradición oral (2002) e Arrepíos e outros medos (Xerais 2004) e A flor da auga (Xerais 2006), ambos os dous volumes pertencentes á serie "Lendas de Galicia".
Descubre más sobre XOSE MIRANDA RUIZ

Opiniones sobre CONTOS COLORADOS: NARRACIONS EROTICAS DA TRADICION ORAL GALEGA


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana