📗 Libro en gallego UN ANO NO COUREL

XERAIS - 9788483021354

Deportes Montañismo. Senderismo

Sinopsis de UN ANO NO COUREL

Un ano no Courel continúa a exitosa liña iniciada por Xurxo de Vivero en Un ano nos Ancares, que tan boa acollida tivo por parte dos lectores. Naturalista, ecoloxista, profesor de literatura e excelente coñecedor da montaña galega, Xurxo de Vivero preséntanos aquí unha visión entre literaria, ecoloxista, científica, informativa e persoal dunha das máis fermosas e aínda mellor conservadas serras de Europa. Logo de varios anos de traballo, desprazamentos, observacións, estudio e contínuas pescudas polas fragas, soutos, carballeiras, camiños e congostras do Courel, estas páxinas son o resultado de todo ese amplo e ambicioso traballo de campo. Un ano no Courel relata, mes a mes, durante as distintas épocas do ano, a vida na serra e mailas súas transformacións, os cambios que se producen na flora, na fauna, na paisaxe e na vida das xentes. O libro inclúe tamén informacións precisas, a dobre páxina, sobre toponimia, a arquitectura e a literatura, coas referencias inescusables a Uxío Novoneira, María Mariño, Ánxel Fole e Fiz Vergara Vilariño, o recentemente falecido poeta do Val de Lóuzara. Destacan no libro as fermosas ilustracións puntillistas realizadas por Restituto López Hernández e as fotografías a toda cor, realizadas polo autor. A través de diversos itinerarios, este libro ofrécelle ó lector numerosas rotas para o camiñante ou o viaxeiro con coche, mapas de grande precisión, información práctica e datos útiles que fan que se configure como unha guía imprescindible, para ler na casa ou para levar no peto da mochila ou na guanteira do coche.

Ficha técnica


Ilustrador: Restituto Lopez Hernandez

Editorial: Xerais

ISBN: 9788483021354

Idioma: Gallego

Número de páginas: 300

Encuadernación: Tapa dura

Fecha de lanzamiento: 11/05/2001

Año de edición: 1997

Plaza de edición: Vigo
Alto: 14.0 cm
Ancho: 13.0 cm

Especificaciones del producto



Escrito por XURXO DE VIVERO


Descubre más sobre XURXO DE VIVERO
Recibe novedades de XURXO DE VIVERO directamente en tu email

Opiniones sobre UN ANO NO COUREL


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana