📗 Libro en gallego A BALOIRA

CIDADANÍAS, LITERATURAS, MUNDOS

Edicións Xerais - 9788497823517

Comunicación Prensa

Sinopsis de A BALOIRA

Os dicionarios Xerais definen baloira como "pértego ou vara longa que se emprega para sacudir as árbores e provocar que caia a froita". Este libro recolle case dous centenares de textos que abanean a vizosa árbore da vida cotiá para lle tirar temas sobre os que o cronista aplica a súa imaxinación e oficio, convencido, como Augusto Monterroso, de que a realidade máis inmediata é fonte inesgotable sobre a que o contista pode actuar coa seguridade de que a súa arte e o seu esforzo serán o único método de lle infundir eternidade e verdadeira vida a aquel momento que pasa como lóstrego fuxidío camiño do esquecemento. Compostela como espazo de conformación de cidadanías, as literaturas e as linguas, os mundos, a universidade e os amigos son algúns dos eixos temáticos dunha obra chamada a converterse en referencia do xornalismo literario galego contemporáneo.Os dicionarios Xerais definen baloira como "pértego ou vara longa que se emprega para sacudir as árbores e provocar que caia a froita". Este libro recolle case dous centenares de textos que abanean a vizosa árbore da vida cotiá para lle tirar temas sobre os que o cronista aplica a súa imaxinación e oficio, convencido, como Augusto Monterroso, de que a realidade máis inmediata é fonte inesgotable sobre a que o contista pode actuar coa seguridade de que a súa arte e o seu esforzo serán o único método de lle infundir eternidade e verdadeira vida a aquel momento que pasa como lóstrego fuxidío camiño do esquecemento. Compostela como espazo de conformación de cidadanías, as literaturas e as linguas, os mundos, a universidade e os amigos son algúns dos eixos temáticos dunha obra chamada a converterse en referencia do xornalismo literario galego contemporáneo.

Ficha técnica


Editorial: Edicións Xerais

ISBN: 9788497823517

Idioma: Gallego

Número de páginas: 512
Tiempo de lectura:
12h 15m

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 16/02/2006

Año de edición: 2006

Plaza de edición: Es

Colección:
EDICIÓN LITERARIA - CRÓNICA - Xornalismo

Alto: 22.0 cm
Ancho: 14.6 cm
Grueso: 3.7 cm
Peso: 743.0 gr

Especificaciones del producto



Escrito por Anxo Tarrío


Anxo Tarrío Varela (Santiago de Compostela, 1945) estudou Mestría Industrial e Maxisterio, licenciándose en Filosofía e Letras na Universidade de Santiago. Doutorouse na de Oviedo cunha tese sobre Pérez Galdós. Na actualidade é Catedrático de Filoloxía galega e portuguesa. Despois de impartir docencia universitaria de Lingua española, Lingüística xeral, Crítica literaria e Teoría da Literatura en Lugo e Vigo, regresou a Compostela para se facer cargo do ensino da literatura galega na Facultade de Filoloxía, e agora tamén na de Ciencias da Comunicación. Dirixe a sección de literatura do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades. Publicou os seguintes libros: Lectura semiológica de Fortunata y Jacinta (1982, Premio Internacional de Investigación “Galdós”, 1979), De letras e de signos (Xerais 1987), Literatura gallega (1988), Álvaro Cunqueiro ou os disfraces da melancolía (1989), Primeiras experiencias narrativas de Eduardo Balnco-Amor (1993) e Literatura galega. Aportacións a unha historia crítica (Xerais, 2ª ed., 1998). Colabora asiduamente na prensa escrita, e froito desa dedicación son os libros: Opinións e xoguetes literarios (1992), Recanto de cataventos (1996), Escrito en Compostela (1997) e A baloira (Xerais 2006).
Descubre más sobre Anxo Tarrío
Recibe novedades de Anxo Tarrío directamente en tu email

Opiniones sobre A BALOIRA


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana