¿Para cando a historia dos cociñeiros galegos? Mestres da lareira, pero tamén das novas artes e técnicas da restauración. Anfitrións de tantos agasallos e felices horas na boa mesa. Esixentes, curiosos, renovadores, aínda que coas raíces ben chantadas na mellor tradición. A cociña galega tamén ten os seus artistas, os seus creadores.Este é un libro de cociña de autor. Desque o día de Corpus de 1915 Ramón Vilas abriu un bar no compostelano Camiño Novo, número 22, a Casa Vilas pasou de ser unha popular casa de comidas que se enchía os días de feira a un dos máis nomeados restaurantes de Galicia.Na primeira parte deste libro Xosé Cermeño conversa cos protagonistas e traza non só un retrato familiarde varias xeracións de gastrónomos e bos cociñeiros, senón tamén o reflexo dun tempo e dun ambiente.Na segunda parte o lector poderá degustar, a través de 170 receitas, moitos dos secretos destes excelentes pratos que a sabedoría, a tradición e a experiencia soubo crear para deleite e degustación de todos nós.
Ficha técnica
Editorial: Xerais
ISBN: 9788475077093
Número de páginas: 330
Encuadernación: Tapa dura
Fecha de lanzamiento: 11/05/2001
Año de edición: 1993
Plaza de edición: Vigo
Especificaciones del producto
Escrito por Xosé Cermeño
Xosé Cermeño (A Coruña, 1959) é sociólogo, escritor e creador de televisión. Foi director da primeira serie de ficción en galego (Os outros feirantes, TVG, 1990) e creador de Pratos combinados, a primeira telecomedia na TVG (1995-2006), unha produción xerminal no noso audiovisual. Imaxinou e dirixiu programas de éxito, como Larpeiros (2007-2019), ademais de ser autor e guionista doutras producións. Publicou Ciencia de facer as camas (1994), Os nervios da cabeza (1994, Premio Cidade de Lugo), Historia de Abbadón (1991, Premio Leliadoura de poesía), libros de gastronomía, de narrativa infantil e de divulgación. Días felices con Fábia (Galaxia, 2023), unha historia portuguesa de sedución e enganos, é a súa ultima novela. Dedicou un ensaio —Un bacalao por bandera— á historia cultural e gastronómica do bacallau. Débelle moito á literatura, pero tamén á pesca, á cociña, á antropoloxía da alimentación, ás películas de Billy Wilder e aos paseos pola cidade.