A adaptación que Seamus Heaney realiza da obra de Sófocles, Filoctetes, recolle os elementos fundamentais da traxedia grega: o mesmo marco espacio-temporal, os mesmos personaxes e o mesmo conflicto. Sendo así, a fábula constrúese a partir das dúbidas que enfrontan Neptólemo e Filoctetes, o primeiro para ser fiel ós seus propios valores, renunciando a enganar ó solitario penitente cos requintados sofismas que Ulises lle propón e esquecendo as razóns de estado que Odiseo esgrime, e o segundo para aceptar o seu propio destino e ir na axuda de aqueles que tanto agravio lle causaron nun pasado que aínda é presente. O obxectivo último non é outro cumprir a profecía segundo a cal a derrota de Troia e a fin da guerra só será posible co concurso dos dous heroes que dialogan en Lemnos. Heaney propón, algunhas veces por boca do Coro, unha lectura crítica de situacións e conflictos, relativizando os motivos que uns e outros esgrimen para encherse de razón, sen evitar algunhas referencias, tanxenciais e indirectas, á situación na República de Irlanda. A súa versión parte, polo demais, dunha especie de condensación do esencial, o que implica un diálogo máis fluído e unha acción moito máis dinámica. Como sinalan os traductores, Stéphanie Jennings e Manuel Outeriño na lapela, A Cura en Troia é unha acertada mostra dos conflictos éticos e morais que sempre provoca a escolla entre a propia integridade persoal e a conveniencia política, as razóns de estado.
Ficha técnica
Traductor: Stephanie Jennings
Prologuista: Manuel Outeiriño
Editorial: Xerais
ISBN: 9788483022788
Número de páginas: 91
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 14/05/2001
Año de edición: 1998
Plaza de edición: Vigo
Especificaciones del producto
Escrito por Seamus Heaney
Seamus Heaney nació en 1939 en Castledawson, condado de Derry, Irlanda. Esconsiderado como uno de los más grandes poetas en lengua inglesa desde la década de1970. Su vasta obra poética y crítica le hizo merecer el premio Nobel de Literatura en 1995, así como el premio Truman Capote en 2003.