Sinopsis de A ESTRELA DA MAÑA: SURREALISMO E MARXISMO
Os ensaios reunidos no presente volume teñen como intención exaltar a actualidade inactual, é dicir, en termos nietszcheanos, "intempestiva" das ideas, dos valores, dos mitos e dos soños surrealistas, e, sobre todo, da carga libertaria e emancipatoria do surrealismo.
A partir de certo momento, o surrealismo encóntrase co marxismo. Para Michael Löwy, membro do Grupo de París do movemento surrealista desde 1975, o punto de encontro entre surrealismo e marxismo non é a certeza da vitoria, nin a crenza nunha teoría do progreso máis ou menos lineal. O encontro entre surrealismo e marxismo é o "pesimismo revolucionario".Mediante unha serie de traballos dedicados tanto a figuras do surrealismo (André Breton, Vicent Bounoure, etc.) como a pensadores que se sentiron fascinados ou incluídos polo surrealismo (Walter Benjamin, Guy Debord, Pierre Naville...), Löwy suxire os ligames de afinidade electiva que se poden estabelecer entre o surrealismo e outras expresións do pensamento contemporáneo.
Este libro, que é un acto de protesta contra aqueles que dan por morto o surrealismo, acha novos camiños para que este, na esteira do romanticismo negro, continúe a trazar novos camiños no terreo.
Ficha técnica
Traductor: Xoán Xesús González Gómez
Editorial: Edicións Laiovento, S.L.
ISBN: 9788484870708
Idioma: Gallego
Número de páginas: 133
Tiempo de lectura:
3h 5m
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 01/04/2005
Año de edición: 2005
Plaza de edición: Santiago de Compostela
Colección:
Ensaio
Ensaio
Número: 196
Alto: 21.0 cm
Ancho: 14.0 cm
Especificaciones del producto
Escrito por Michael Löwy
Es sociólogo y filósofo marxista, coautor del Manifiesto Ecosocialista Internacional. Es un gran especialista del hecho religioso y en particular, de lo que él mismo define como cristianismo de liberación (conocido como teología de la liberación). Desde 1978 es director de investigaciones del Centre National pour la Recherche Scientifique (CNRS) y profesor de la École des hautes études en sciences sociales (EHESS) de París.