📗 Libro en gallego A IRMANDADE DA UVA

HUGIN E MUNIN - 9788494121142

Literatura en gallego Narrativa en gallego

Sinopsis de A IRMANDADE DA UVA

A irmandade da uva, igual ca o resto da obra de John Fante, non obtivo de primeiras nin a repercusión nin o éxito que, como cabe imaxinar, o autor italo-americano lle desexaba. Foi décadas máis tarde, grazas ao feito de que Charles Bukowski o amentase como referencia fundamental e dese en demostrar a admiración pola súa obra, cando gañou dunha sentada milleiros de lectores, e esta novela, a última escrita da súa man (antes de morrer publicaría outra que lle ditou á muller por mor da súa cegueira), tornou en texto fundamental para entender a traxectoria de quen adoita ser cualificado como precursor do realismo sucio. Narrada cun estilo directo e escasos enfeites estilísticos, a voz narrativa de Henry Molise, o alter ego de Fante, aborda a súa historia familiar cunha mirada adoito retrospectiva. Deste xeito, o autor trata, máis unha vez, os temas que máis o obsesionaban, coma tal, a pobreza, a incomunicación, os conflitos familiares, o peso abafante do catolicismo ou as dificultades para se facer un nome no mundo das letras. Así mesmo, cómpre non esquecer que a escrita supuña para Fante, en certa maneira, unha válvula de escape, pois malia a pátina de ficción que forzosamente imprimía ás súas creacións, non renuncia á carga autobiográfica que deita no seu personaxe protagonista, isto é, un pai alcólico, a fuxida da casa na mocidade, as penurias e os axustes de contas literarios, a redacción de guións cinematográficos, algunhas das experiencias amorosas e sexuais que viviu ou as súas orixes italianas.

Ficha técnica


Traductor: Adrián Estévez Iglesias

Editorial: Hugin e Munin

ISBN: 9788494121142

Idioma: Gallego

Número de páginas: 228
Tiempo de lectura:
5h 23m

Encuadernación: Tapa blanda con solapas

Fecha de lanzamiento: 01/09/2013

Año de edición: 2013

Plaza de edición: Es

Especificaciones del producto



Escrito por John Fante


Entre su producción literaria figura la tetralogía protagonizada por su álter ego Arturo Bandini, publicada en esta colección, compuesta por las novelas Espera a la primavera, Bandini, Pregúntale al polvo, Camino de Los Ángeles y Sueños de Bunker Hill, así como La hermandad de la uva, Un año pésimo, Al oeste de Roma y Llenos de vida.
Descubre más sobre John Fante
Recibe novedades de John Fante directamente en tu email

Opiniones sobre A IRMANDADE DA UVA


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana