A MEMORIA DA NACION: O REINO DE GALLAECIA (2ª. ED.)

XERAIS - 9788483027639

Historia local de España Galicia

Sinopsis de A MEMORIA DA NACION: O REINO DE GALLAECIA (2ª. ED.)

Camilo Nogueira, un dos máis destacados dirixentes do nacionalismo galego e actual deputado do Bloque Nacionalista Galego no Parlamento Europeo, defende, nesta primeira entrega da colección XERAIS ENSAIO que a memoria da nación necesita ser recuperada para o futuro de Galiza, para evitar cair no esquecemento antes de ter sucedido. Unha memoria da nación constituída pola tradición histórica ou conxuntos dos trastornos históricos acumulados que lle deron a Galiza un carácter diferenciado e pola estructuración contemporánea da vontade política nacional. Esta recuperación, na opinión de Nogueira, esixe a crítica da ideoloxía española que deturpa o pasado común dos pobos peninsulares e lle dá un carácter determinista á existencia do propio Estado na súa forma actual. A crítica da ideoloxía española, baseada na idea de España como unha realidade política unitaria desde o tempo romano e godo, na interpretación da Idade Media como un proceso que conduciría necesariamente á hexemonía de Castela e na concepción do Estado español como unha unidade procedente do século XV, son pezas centrais deste ensaio de Nogueira. Para o autor, a historiografía español nega a tradición romana, sueva, galega e portuguesa do occidente da península, ocultando particularmente Gallaecia como principal reino cristián ante Al-Ándalus, ignora o carácter e os intereses extrapeninsulares das dinastías que durante a Idade Moderna gobernaron o territorio español como un patrimonio persoal e non recoñece que nos séculos XIX e XX as nacións periféricas presentaron diferentes e lexítimas propostas políticas para construír un estado plurinacional.

Ficha técnica


Editorial: Xerais

ISBN: 9788483027639

Número de páginas: 328

Encuadernación: Tapa dura

Fecha de lanzamiento: 20/02/2002

Año de edición: 2002

Plaza de edición: Es
Peso: 459.0 gr

Especificaciones del producto



Escrito por Camilo Nogueira


Camilo Nogueira Román (Vigo 1936), enxeñeiro e economista, é un dos máis destacados dirixentes do nacionalismo galego. Presidente da Asociación Cultural de Vigo nos anos sesenta, contribuíu a fundar o sindicalismo galego e a estruturar o nacionalismo como organización política entre os anos sesenta e noventa. Foi deputado no Parlamento de Galicia, desde os seus inicios (1981-1993) e desde 1997 a 1999, facendo compatible o traballo político co profesional. Foi concelleiro no Concello de Vigo e membro do Parlamento Europeo na lexislatura 1999-2004. Autor dunha extensa obra ensaística e política publicou en Xerais: O poder industrial en Galicia (en colaboración con Luís Soto e Xan L. Facal) (Xerais 1980), A memoria da nación I. O reino de Gallaecia (Xerais 2001), primeiro volume do seu vasto proxecto de interpretación da historia política de Galicia titulado A memoria da nación, A terra cantada (Xerais 2006), Para unha crítica do españolismo (Xerais 2012) e Unha nación no mundo (Xerais 2019).
Descubre más sobre Camilo Nogueira
Recibe novedades de Camilo Nogueira directamente en tu email

Opiniones sobre A MEMORIA DA NACION: O REINO DE GALLAECIA (2ª. ED.)


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana