Sinopsis de A MEMORIA DE FERROL: ALBUM DE POSTAIS (ED. TRILINGÜE GALLEGO, CAS TELLANO, INGLES)
A memoria de Ferrol recolle máis de douscentas tarxetas postais circuladas que recuperan a memoria da cidade ferrolá nas dúas primeiras décadas do século XX. Unha espléndida colección de postais, preparada e catalogada por Carlos Díaz Martínez, na que se intercalan tres evocadores textos literarios (en galego, castelán e inglés): ?Ferrol no primeiro tercio do século XX? de José Antonio Ponte Far, ?O Arsenal e os buques da Armada? de Juan A. Rodríguez-Villasante Prieto e ?Construíndo acoirazados? de Xavier Alcalá. Un libro de luxo, encadernado en tea con estoxo, que constitúe un paseo pola ría e o mar da Ferrolterra, polas rúas, prazas e paseos da Madalena, polo Arsenal e os seus diques, e polas paisaxes da bisbarra ferrolá.Nesta recompilación de postais da «época clásica» (1900-1920) dispoñemos de poucas imaxes de Ferrol nas grandes series dos impresores e editores foráneos: as fototipias de Madrid (Hauser y Menet, Romo y Füssel e Grafos) ou de Barcelona (Thomas). A mesma escasez perdura nos anos da edición por heliotipia (1920-1936) coas produccións madrileñas (Kallmeyer y Gautier e da Heliotipia Artística Española) e barcelonesas (fotografías de L. Roisin). Mención especial merece a serie dos anos 1903-1905 editada por El Correo Gallego e realizada coa técnica da fototipia coloreada polo afamado impresor de arte Julius Nagelschmidt, afincado en Berlín (Alemaña). As numerosas postais de que dispoñemos non mencionan aos fotógrafos, agás a extensa producción de Couce que edita el mesmo co selo de Nores y Couce. Por xustiza recoñecemos o esforzo editorial de grandes series realizadas pola Papelería de Emilio Moliné, ou Casa Leira e Bacón y Pita. Esta pequena homenaxe garda a praza de honor para a diversa producción impresa primeiro polo Diario Ferrolano e despois por El Correo Gallego, case que un tercio da selección presentada neste álbum. No apartado de curiosidades mencionaremos a colección de carácter publicitario da Sociedad Española de Construcción Naval.
Ficha técnica
Editorial: Xerais
ISBN: 9788483029152
Idioma: Gallego
Número de páginas: 165
Tiempo de lectura:
3h 52m
Encuadernación: Encuadernación en tela
Fecha de lanzamiento: 20/12/2002
Año de edición: 2002
Plaza de edición: Vigo
Especificaciones del producto
Escrito por CARLOS DIAZ MARTINEZ
Carlos Díaz Martínez (A Coruña, 1951), emigrante en Suiza (1962-1987) onde cursou estudios do Bacharelato francés (mención lingua e literatura) e de socioloxía na Universidade de Xenevra coa Diplomatura en Animación Socio-cultural. Nos anos de emigración colaboura en múltiples actividades culturais e políticas galegas: asociacións, partidos, revistas, radio, edición... Dende o seu retorno a Galicia (1988) participa en numerosas iniciativas no eido da edición (A Nosa Terra, Espiral Maior, Artesa, Xerais) , sempre dende a preocupación pola recuperación e difusión do patrimonio gráfico e documental galego. Autor de colaboracións diversas no eido do xornalismo en revistas e xornais de Galicia e de coordinación de publicacións do noso patrimonio fotográfico (A Opinión de A Coruña). En colaboración con outros autores ten publicado " Xesús Ferro Couselo " , " Fouce: Etapa da Clandestinidade " e " A semente do 72, a forza da nosa clase " . Colaborador na organización de diversas exposicións históricas ou artísticas e comisario de: " Galicia fora de Galicia " , " Culturas no Camiño Xacobeo " , " Masonería Universal. Familia Galega " , " Manuel Facal. 25 anos de obra gráfica " . Como diseñador-editor de arte gráfica coordina produccións Culturais Artesa e a publicación de carpetas de obra gráfica de autores e artistas galegos dende o ano 1992 coa proposta actual dun catálogo de 10 libros de bibliofilia de arte. Dende 1995 colaboura con Edicións Xerais de Galicia das coleccións de libros " A memoria de... " e na proposta de diversas publicacións e actividades da editorial. O seu último libro e ``A Coruña por Pedro Ferrer´´ (Xerais 2005).