Este libro recolle noventa imaxes, a maior parte delas tarxetas postais, sobre Carolina Otero, a Bela Otero, a galega máis universal do século XX. A neniña que, nacida no seo dunha humildísima familia da Ponte, no concello de Valga, o 4 de novembro de 1868, seria considerada como a mais luminosa das figuras daquel Paris da Belle Epoque; a definida polo pintor Paul Klee como unha muller da cabeza aos pes, a artista que seduciu ao critico Jules Bois por que despregaba unha gracia fatal, unha calor, unha beleza sensual e magnetica, unha violencia, unha insolencia que constituen os dons formidables que Merimee e Bizet esixen da sua celebre heroina.A Bela Otero, a serea dos suicidas, como era chamada pola prensa norteamericana, pola que tolearon banqueiros e nobres que se bateron e arruinaron por ela. A Lina, que describiu a sua amiga a escritora francesa Colette, chea de alegria e pracer de vivir. A actriz de notable talento solicitada para a Opera-Comica de Paris, que estudiou o mesmo Marcel Proust para incluir como personaxe dalgunha das suas obras. A xogadora que aos catorce anos fixo saltar vinteunha veces consecutivas a ruleta xogando ao vermello no Casino de Montecarlo. A artista que con corenta e cinco anos decidiu retirarse da escena e trocar de xeito de vida e foi considerada como un simbolo dunha epoca superficial, lixeira, a vez virtuosa e cinica.A Carolina Otero, esa beleza galega que fixo languidecer a vellos e mozos e os fotografos parisinos que colorean os seus retratos en tarxetas postais; a muller que posuiu unha enorme riqueza en xoias: diademas, pulseiras e arrecadas de perlas, esmeraldas, rubis e zafiros, que adornaron o seu corpo inmortalizado por grandes debuxantes da sua epoca.A Bela Otero, a que ocultou Galicia no seu corazon como tantos emigrantes, pero que levou sempre consigo a lingua propia ata o seu pasamento en Niza, o 12 de abril de 1965, testando a prol dos pobres de Valga.A edicion deste album de postais da Bela Otero, prologado por un fermoso texto de Luis Seoane, recollido dunha audicion radial do programa Galicia Emigrante de 1959 e editado en galego, castelan, frances e ingles, constitue unha autentica alfaia bibliografica para a recuperacion rigorosa da imaxe verdadeira dun dos simbolos da gracia e da beleza
Ver más