leer_primeras_paginas Leer primeras páginas

📗 Libro en gallego A MODESTA PROPOSICION E OUTROS ENSAIOS

Edicións Xerais - 9788499142319

Estudios literarios Géneros literarios

Sinopsis de A MODESTA PROPOSICION E OUTROS ENSAIOS

A Modesta proposición para renunciar a facer xirar a roda hidráulica dunha cíclica historia universal da infamia, así como os artigos e entrevistas incluídos nesta edición, son un testamento claro do pensamento e das posturas literarias e vitais de Lois, e rachan os dous principais tópicos sobre el. Un, o que o cualifica unicamente como poeta. O outro, o do seu malditismo. E reafirman o compromiso radical de Lois Pereiro coa literatura e co mundo no que vivía. «Canto peores sexan os tempos que vivamos, máis falsa será a inxenuidade, menos inocente a indiferenza, e máis cómplice non comprometerse», reclamaba na Modesta proposición. Este ano en que se lle dedica o Día das Letras Galegas, Lois Pereiro faría 53 anos e sería un dos poetas de referencia. De feito éo, a pesar de que, ata este ano, unicamente tiña publicados dous poemarios e un terceiro póstumo, esgotados ou difíciles de atopar. Cento e pico poemas chegáronlle para ser a un tempo unha das voces máis innovadoras da lírica galega de finais do século XX e, como aventurou Manuel Rivas xa en 1993, o clásico que ten a literatura galega sen sabelo.A Modesta proposición para renunciar a facer xirar a roda hidráulica dunha cíclica historia universal da infamia, así como os artigos e entrevistas incluídos nesta edición, son un testamento claro do pensamento e das posturas literarias e vitais de Lois, e rachan os dous principais tópicos sobre el. Un, o que o cualifica unicamente como poeta. O outro, o do seu malditismo. E reafirman o compromiso radical de Lois Pereiro coa literatura e co mundo no que vivía. «Canto peores sexan os tempos que vivamos, máis falsa será a inxenuidade, menos inocente a indiferenza, e máis cómplice non comprometerse», reclamaba na Modesta proposición. Este ano en que se lle dedica o Día das Letras Galegas, Lois Pereiro faría 53 anos e sería un dos poetas de referencia. De feito éo, a pesar de que, ata este ano, unicamente tiña publicados dous poemarios e un terceiro póstumo, esgotados ou difíciles de atopar. Cento e pico poemas chegáronlle para ser a un tempo unha das voces máis innovadoras da lírica galega de finais do século XX e, como aventurou Manuel Rivas xa en 1993, o clásico que ten a literatura galega sen sabelo.

Ficha técnica


Editorial: Edicións Xerais

ISBN: 9788499142319

Idioma: Gallego

Número de páginas: 88
Tiempo de lectura:
2h

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 18/03/2011

Año de edición: 2011

Plaza de edición: Es

Colección:
EDICIÓN LITERARIA - XERAIS CLÁSICOS

Alto: 22.0 cm
Ancho: 14.5 cm
Grueso: 0.8 cm
Peso: 162.0 gr

Especificaciones del producto



Escrito por Lois Pereiro


Lois Pereiro (Monforte, 1958- A Coruña, 1996) marchou estudar a Madrid aos 17 anos, onde fundou, canda Antón Patiño, Fermín Bouza, Manuel Rivas e Xosé Manuel Pereiro, a revista Loia, formando parte dun dos grupos de maior renovación cultural da segunda metade dos 70. Ao seu regreso a Galicia, colabora na revista Luzes de Galiza e participa nas antoloxías De amor e desamor (1984) e De amor e desamor II (1985). Como poeta, deu á luz dous libros, Poemas 1981/1991 (1992) e Poesía última de amor e enfermidade (1995), e un terceiro, Poemas para unha Loia (1997), que se publicou postumamente. En 2010, tras ser nomeado para celebrar o Día das Letras Galegas, publicouse Conversa ultramarina, unha longa carta concibida como dietario dos seus últimos días. Pereiro legou á poesía galega uns versos de extraordinaria forza e brillante modernidade. Con motivo do 17 de maio de 2011, Xerais publicou a súa Poesía completa (2011), en edición de Ana Acuña, e Modesta proposición e outros ensaios (2011).
Descubre más sobre Lois Pereiro
Recibe novedades de Lois Pereiro directamente en tu email

Opiniones sobre A MODESTA PROPOSICION E OUTROS ENSAIOS


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana