Unha novela sobre o paso da infancia á adolescencia na que resulta doado identificarse co protagonista. Na Galicia da posguerra Xoán vai madurecendo. Xunto a el pasamos da primeira infancia ao ingreso na Universidade, e vivimos as experiencias vitais do protagonista e os acontecementos sociais que lle tocou vivir. A experiencia cotiá feita literatura. Unha novela de iniciación que se atopa entre os libros máis lidos polos adolescentes galegos.
Ficha técnica
Editorial: Editorial Galaxia, S.A.
ISBN: 9788482882970
Idioma: Castellano
Número de páginas: 240
Encuadernación: Tapa blanda
Año de edición: 1999
Plaza de edición: Vigo
Alto: 21.0 cm
Ancho: 14.0 cm
Especificaciones del producto
Escrito por Xavier Alcalá
Xavier Alcalá (Miguelturra, Cidade Real, 1947) é enxeñeiro de telecomunicacións, ademais de colaborar na prensa cunha columna en La Voz de Galicia. Instalado en Galicia desde a nenez, iniciou a súa obra literaria con Voltar, seis personaxes e un fado (1972), obra á que ían seguir títulos como A nosa cinza (1980), Fábula (1980), Nos pagos de Huinca Loo (1982), Cárcere verde (1990), Latitude austral (1991), Código morse (1996) e Alén da desventura, novela coa que obtería o Premio Blanco Amor no ano 1998. Tamén é autor da triloxía “Evanxélica memoria”, en que se relata a epopea das comunidades evanxélicas en Galicia, constituída polas novelas Entre fronteiras (2004), Nas catacumbas (2005) e Unha falsa luz (2007). En 2012, publicou a novela Verde oliva, sobre a revolución castrista en Cuba, e The Making of (2018), o retrato dun sobrevivente, onde se descobre a aventura oculta da emigración galega na Arxentina.