📗 Libro en gallego A PRINCESIÑA SOCORRO, O TROBEIRO CAROLO E O DEMO DOS CORNOS

XERAIS - 9788483024546

Infantil 10 a 12 años Literatura 10 a 12 años

Sinopsis de A PRINCESIÑA SOCORRO, O TROBEIRO CAROLO E O DEMO DOS CORNOS

A princesíña Socorro, o trobeíro Carolo e o demo dos cornos recibiu o Premio Obra de teatro de marionetas o monicreques do 1º Concurso de Obras teatrais inéditas Camiño de Santiago.Aventuras no camiño en catro actos con princesas, demos, trobeiros namorados, ladróns e cabaleiros protectores de peregrinos, Santiago Apóstolo e San Francisco de Asís, tronos, chispas, lóstregos, cans, lobos e outras moitas marabillas.

Ficha técnica


Ilustrador: Xan López Domínguez

Editorial: Xerais

ISBN: 9788483024546

Idioma: Gallego

Número de páginas: 104

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 26/11/1999

Año de edición: 1999

Plaza de edición: Es

Colección:
INFANTIL E XUVENIL - MERLÍN - De 9 anos en diante

Alto: 19.0 cm
Ancho: 13.5 cm
Grueso: 0.8 cm
Peso: 132.0 gr

Especificaciones del producto



Escrito por Gloria Sánchez García y Miguel Vázquez Freire


Gloria Sánchez (Vilagarcía 1958) é mestra de Educación Primaria. Como autora de literatura infantil deuse a coñecer co poemario Fafarraios (Xerais 1991), Premio Merlín 1990, Lista de Honra do IBBY 1994. dende aquela publicou outros libros de poemas. Rimas con letra (Xerais 1991), ¡Pum, pum! (1993). No eido narrativo infantil publicou as seguintes obras: Bichos con gaseosa (1992); Cabeciña a paxaros e outras historias (1993); O capitán Ro e o gato Bo (Xerais 1994); Pé e máis eu (1995); Doutor Rus (1995), premio Edebé de Literatura Infantil; A raíña de Turnedó (Xerais 1996); Sete casa, sete bruxas e un ovo (1997); O grande tronante (Xerais 1998), álbum, en colaboración con Xan López Domínguez; Manual para unha pequena meiga (1998); Teatro feroz (1999); A casa de vidro do señor Cum (1999); A princesiña Socorro, o trobeiro Carolo e o demo dos cornos (Xerais 1999), peza teatral, en colaboración con Miguel Vázquez Freire; O home do impermeable amarelo (2000); Matapitos.com (Xerais 2000); Farangulla (2002); A galiña da paz (2002); ¿A onde van as bolboretas no inverno? (2003); Florentino, o príncipe Quino, (Xerais 2010). Froito do seu labor de investigación e actualización do folclore infantil galego é o libro 303 Adiviñas (Xerais 1994).
Descubre más sobre Gloria Sánchez García
Miguel Vázquez Freire naceu en 1951, en Corcubión. Catedrático de Filosofía de ensino secundario, publicou numerosas obras no campo da literatura infantil e xuvenil, varias en colaboración con Xosé Tomás como ilustrador: O neno que tiña medo dos robots / O robot que tiña medo dos nenos (2007); María é maior (2007), Contos de Reis e de Nadal (2007), Xurxiño quere ser... (2010), O souto escuro e perigoso (2011) e Fadita fosca (2013). Pola obra de teatro A princesa Socorro, o trobeiro Carolo e o demo dos cornos, escrita en colaboración con Gloria Sánchez, recibiu o Premio Xacobeo de Teatro de Monicreques 1994. A novela xuvenil Anxos en tempos de chuvia (1997) mereceu formar parte da Lista de Honra do IBBY. En Galaxia publicou o ensaio sobre filosofía e teatro Estética e teatro (2006). As súas obras máis recentes son: Da Carapuchiña ao señor Lamote (2019), De Compostela a Braga e de Braga a Compostela. O Pío Latrocinio e outras vellas inimizades (2022) e O moucho voa. Filosofía en 28 conversas (2022).
Descubre más sobre Miguel Vázquez Freire

Opiniones sobre A PRINCESIÑA SOCORRO, O TROBEIRO CAROLO E O DEMO DOS CORNOS


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana