Sinopsis de A RETRANCA. UN INTENTO DE CLARIFICACION
Retranca e hoxe sinónimo de “humor galego”, mais a retranca, ben mirada, non e humor nin ironía, nin moito menos burla. Quen a practica non tenta facer rir nin tampouco atacar a ninguen; só defenderse. Este ensaio tenta definir os límites dunha habelencia tan galega como cada vez máis rara, subliñando o seu carácter defensivo e a súa íntima relación coa cautela e a reserva, e diferenciándoa doutros conceptos máis ou menos afíns cos que e confundida ás veces, como a sorna, a ironía ou mesmo o sarcasmo.
Ficha técnica
Editorial: Editorial Galaxia, S.A.
ISBN: 9788491519584
Idioma: Gallego
Número de páginas: 158
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 18/11/2022
Año de edición: 2022
Plaza de edición: Vigo
Colección:
Ensaio
Ensaio
Número: 117
Alto: 21.0 cm
Ancho: 13.5 cm
Peso: 206.0 gr
Especificaciones del producto
Escrito por Félix Caballero
Félix Caballero Wangüemert (Logroño, La Rioja, 1967) vive en Galicia desde 1991. É doutor pola Universidade de Vigo e licenciado en Ciencias da Información pola Universidade de Navarra. Traballou como xornalista en " El Correo Gallego " , " Riadevigo.com " e " España Exterior " . É autor dos libros " O humor galego alén da retranca " (2012), " O humor en cadriños. Conversas con Siro, Xaquín Marín, Xosé Lois, Gogue e Pepe Carreiro " (2012), " O humor en cadriños II. Conversas con Pinto&Chinto, Santy Gutiérrez, Davila, Leandro, Kiko da Silva e Meixide " (2017) e " Falemos de caricatura " (Xerais 2018).