A TRALLA E A ARROUTADA

XERAIS - 9788475079295

Literatura en gallego Narrativa en gallego

Sinopsis de A TRALLA E A ARROUTADA

A tralla e a arroutada dános 23 tokes e un epílogo durante 136 páxinas, nas que o lector sabe que pode comezar se lle peta polo final (digno de mención cando a liberdade non está garantida nin sequera nas inclinacións máis íntimas). Páxina nove: «Vivimos no cume da repunancia. As películas fanas en Hollywood, a música en Inglaterra, a política en Bruxelas, os maquinillos no Xapón. E nós a velas vir.» Estes Tokes son contados de tal maneira que Souto mostra, evitando sofisticadas técnicas de sutura, a montaxe, as pezas e o tempo de montaxe. Dicimos Depor e Arsenio, a tensión dialéctica de taberna, o rock de cuchiquera, os frigoristas, a Korunnécora, o futbolín, a ruta dura, a mística da festa, o territorio Bravú de Monte-Alto, e só estamos dicindo unha micromínima. Sabemos que os tokes estes carecen de simetría orgánica, e sabémolo porque son textos que se resisten ós trucos metódicos da edición, son textos que vibran e non paran de moverse coma o Xurxo cantante no escenario. A literatura Bravú xa está en marcha, xorde no cu do mundo pero ten forza para tronzar o universo.

Ficha técnica


Editorial: Xerais

ISBN: 9788475079295

Número de páginas: 136

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 16/05/2001

Año de edición: 2001

Plaza de edición: Vigo

Especificaciones del producto



Escrito por Xurxo Souto


XURXO SOUTO (1966). Terrícolo redondo. Naceu na Coruña, cidade-barco, mais nada sabía das cousas do mar. Así que comezou a preguntar e a compartir polo medio que for tanta descuberta. No ano 1999 gravou cos Diplomáticos de Monte-Alto o CD «Capetón», nome en galego do mar de Cape Town, na fin de África. En 2006 dirixiu o programa «Mil Ribeiras», na Radio Galega. Escribiu «Contos do mar de Irlanda» (Xerais, 2014) e a novela «A gran travesía de Chiruca Macallás» (Xerais, 2018). Dúas décadas despois da súa aparición, recuperamos (en clave celebración) a primeira parte deste libro: «O retorno dos homes mariños» (Xerais, 1999, 2020), o relato dunha verdadeira iniciación oceánica. Porque, como dixo Staffan Mörling: «Non vivimos na fin da Terra, nós vivimos no centro do Mar». "Somos un pobo de artistas. O método Luísa Villalta (Xerais, 2024) é a súa última obra. (Foto do autor: Sofía de Labañou)
Descubre más sobre Xurxo Souto
Recibe novedades de Xurxo Souto directamente en tu email

Opiniones sobre A TRALLA E A ARROUTADA


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana