Unha historia de letras e de bicos. O apego e as palabras camiñan da man.As vogais desapareceron das palabras, dos libros As persoas non se entenden; por iso, todos andan enfurruñados e tristeiros. Eira, unha nena da aldea, sae na súa busca. Vai lograr o seu obxectivo grazas á axuda de quen menos o espera: unha vaca moi, moi pesada.
Ficha técnica
Ilustrador: Teresa Bellon Muñoz
Editorial: Ediciones Obradoiro, S.A.
ISBN: 9788416834976
Idioma: Gallego
Número de páginas: 48
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 29/03/2017
Año de edición: 2017
Plaza de edición: Es
Alto: 20.0 cm
Ancho: 13.5 cm
Peso: 90.0 gr
Especificaciones del producto
Escrito por Gloria Sanchez
Gloria Sánchez (Vilagarcía 1958) é mestra de Educación Primaria. Como autora de literatura infantil deuse a coñecer co poemario Fafarraios (Xerais 1991), Premio Merlín 1990, Lista de Honra do IBBY 1994. dende aquela publicou outros libros de poemas. Rimas con letra (Xerais 1991), ¡Pum, pum! (1993). No eido narrativo infantil publicou as seguintes obras: Bichos con gaseosa (1992); Cabeciña a paxaros e outras historias (1993); O capitán Ro e o gato Bo (Xerais 1994); Pé e máis eu (1995); Doutor Rus (1995), premio Edebé de Literatura Infantil; A raíña de Turnedó (Xerais 1996); Sete casa, sete bruxas e un ovo (1997); O grande tronante (Xerais 1998), álbum, en colaboración con Xan López Domínguez; Manual para unha pequena meiga (1998); Teatro feroz (1999); A casa de vidro do señor Cum (1999); A princesiña Socorro, o trobeiro Carolo e o demo dos cornos (Xerais 1999), peza teatral, en colaboración con Miguel Vázquez Freire; O home do impermeable amarelo (2000); Matapitos.com (Xerais 2000); Farangulla (2002); A galiña da paz (2002); ¿A onde van as bolboretas no inverno? (2003); Florentino, o príncipe Quino, (Xerais 2010). Froito do seu labor de investigación e actualización do folclore infantil galego é o libro 303 Adiviñas (Xerais 1994).