Adeline é unha homenaxe a Carmilla, a primeira vampira literaria, escrita vinte e cinco anos antes de Drácula. Laura vive desde nena agoniada por un estraño don que posúe: ve mortos. Durante anos leva unha vida solitaria no pazo familiar da contorna de Verín. Cando medra, a ansiada vida universitaria en Madrid tampouco é o que esperaba. No regreso estival ao pazo, Laura atopa unha misteriosa viaxeira. A muller é idéntica á que viu en soños moitos anos atrás. Non é un encontro casual. Aquela moza está alí para descubrirlle que o Universo é moito máis inmenso do que percibimos e que os seres ocultos están e estiveron sempre entre nós. «Os non mortos non temos idade. Laura, só quero que saibas que estou en perigo.» Finalista do XV Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil
Ficha técnica
Editorial: Edicións Xerais
ISBN: 9788411104524
Idioma: Gallego
Número de páginas: 288
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 15/02/2024
Año de edición: 2024
Plaza de edición: Es
Colección:
INFANTIL E XUVENIL - FÓRA DE XOGO
INFANTIL E XUVENIL - FÓRA DE XOGO
Alto: 21.0 cm
Ancho: 13.0 cm
Grueso: 1.6 cm
Peso: 323.0 gr
Especificaciones del producto
Escrito por María Solar
María Solar (Santiago de Compostela 1970) é escritora e xornalista. Coordinadora de Cultura da Corporación Radio Televisión de Galicia e presentadora e directora do programa cultural da TVG Zigzag Fin de Semana. Na súa formación académica mesturou as ciencias e as letras, licenciándose en Bioloxía e Xornalismo, e diplomándose en Maxisterio, ademais de ser especialista en Información Ecolóxica e Medioambiental. No ámbito xornalístico centrou o seu traballo na radio e na televisión, aínda que tamén colabora en prensa e revistas. Como escritora iniciou o seu percorrido con obras de ensaio divulgativo, como «Ecoloxía na Aula» (1997), «O libro do noso mar» (1999), e de ficción pedagóxica, como «Boa sorte» (2008) ou «O tempo do revés» (2008). O recoñecemento da crítica e do público chégalle da man da literatura infantil e xuvenil con títulos premiados e traducidos a varios idiomas, entre os que destacan: «A verdadeira historia da mosca de tele» (2012), «As meigas de Lupa» (Xerais 2012), «Teño uns pés perfectos» (2015), «O meu pesadelo favorito» (2015) ou «Os nenos da varíola» (2017). En Xerais publicou tamén a novela «As horas roubadas» (Xerais, 2016) e o libro infantil «Quokka Moka» (Xerais, 2019). En 2022 conseguiu o Premio Xerais de Novela coa obra «A culpa» (Xerais, 2022), e en 2023 quedou finalista do Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil con «Adeline» (Xerais, 2024. Pódese seguir a autora en www.mariasolar.com, @mariasolar2 e en Facebook.