Karim entornou os ollos para mirar ao lonxe: vía arbustos, años e cabras; pero non podía ver a súa nai. A Karim fíxoselle un nó na gorxa, e polas súas meixelas esvararon dúas bágoas enormes. Mirou a un lado e ao outro: non sabía volver. A historia trasládanos a facilidade coa que un neno pode perderse apenas se separa da man dos pais. Noutros casos, o pequeno atopa territorio hostil ou tenebroso; aquí , a nai natureza protexe e coida a Karim como un máis dos seus fillos. Régine RaymondGarcía escribiu esta historia ao volver dunha viaxe a Burkina Faso, fascinada pola consideración dos seus habitantes pola árbore vermella e polo baobab, pola súa alegría de vivir a pesar das dificultades, e por sacar proveito da natureza dun modo intelixente”. Pero este conto non se centra só no amparo que a naturezanai ofrece ao home; tamén avisa da necesaria reciprocidade por parte do ser humano, que debe exercer a mesma protección e respecto sobre o ecosistema, para garantir a súa sustentabilidade. Para a ilustradora, Vanina Starkoff, foi tamén como facer unha viaxe por Burkina Faso, as súas imaxes e a súa música, para mergullarse “nesas marabillosas terras africanas”, traballando cunha paleta de cores “saturadas, brillantes e alegres”, acrílicos sobre papel, con algunhas texturas e os debuxos dixitais, segundo o estado de ánimo e as emocións polas que atravesaba Karim: amarelo e vermello para escenas onde se sente protexido, turquesas cando se sente perdido
Ficha técnica
Traductor: Pilar Ferriz Villalba
Ilustrador: Vanina Starkoff
Editorial: Oqo Editora
ISBN: 9788498717310
Idioma: Gallego
Número de páginas: 36
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 23/03/2024
Año de edición: 2024
Plaza de edición: Pontevedra
Colección:
colección O
colección O
Alto: 23.0 cm
Ancho: 25.0 cm
Grueso: 1.0 cm
Peso: 470.0 gr
Especificaciones del producto
Opiniones sobre ARBORES NO CAMIÑO
¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!