📗 Libro en gallego AS GALERAS DE NORMANDIA

XERAIS - 9788497822664

Literatura en gallego Narrativa en gallego

Sinopsis de AS GALERAS DE NORMANDIA

As galeras de Normandía, novela de Ramón Loureiro, emerxe da Galicia de Mahiloc, ese territorio máxico chamado Terra de Escandoi, onde é posible o milagre. Á sombra do monte Marraxón, baixo o Río Branco do Firmamento, o país que se estende desde o Mar de Ferrol até o río Eo está habitado por Henrique de Caldaloba, o Príncipe de Dúas Cabezas, e un Merlín Nigromante vello e fanado, soñando a reconstrución da Última Bretaña, a esquecida e irredutible Galicia norte. E, detrás deles, un exército de sombras, máscaras e nomes inidentificables vai construíndo un abraiante universo ficcional, coa súa polifonía de voces de vivos e mortos, a través dun xenial dominio da ironía, do humor e da retranca. E mentres ese país agarda esperanzado pola Flota Normanda, Ramón Loureiro culmina, nesta urdidura narrativa, un inesquecible macrotexto onde ecoan as voces de Cunqueiro, Torrente Ballester e Carlos Casares.As galeras de Normandía, novela de Ramón Loureiro, emerxe da Galicia de Mahiloc, ese territorio máxico chamado Terra de Escandoi, onde é posible o milagre. Á sombra do monte Marraxón, baixo o Río Branco do Firmamento, o país que se estende desde o Mar de Ferrol até o río Eo está habitado por Henrique de Caldaloba, o Príncipe de Dúas Cabezas, e un Merlín Nigromante vello e fanado, soñando a reconstrución da Última Bretaña, a esquecida e irredutible Galicia norte. E, detrás deles, un exército de sombras, máscaras e nomes inidentificables vai construíndo un abraiante universo ficcional, coa súa polifonía de voces de vivos e mortos, a través dun xenial dominio da ironía, do humor e da retranca. E mentres ese país agarda esperanzado pola Flota Normanda, Ramón Loureiro culmina, nesta urdidura narrativa, un inesquecible macrotexto onde ecoan as voces de Cunqueiro, Torrente Ballester e Carlos Casares.

Ficha técnica


Editorial: Xerais

ISBN: 9788497822664

Idioma: Gallego

Número de páginas: 336
Tiempo de lectura:
7h 59m

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 24/02/2005

Año de edición: 2005

Plaza de edición: Es
Peso: 502.0 gr

Especificaciones del producto



Escrito por Ramón Loureiro


Ramón Loureiro (Sillobre, Fene, 1965), xornalista, compaxina o seu labor periodístico en “La Voz de Galicia” coa literatura. Toda a súa ficción ten como epicentro a soñada Terra de Escandoi, un territorio a medio camiño entre o mundo dos mortos e dos vivos, ao pé do Atlántico, no Poñente desa Terceira Bretaña que o autor identifica coa Galicia do Norte, entre Mondoñedo e Ferrol. Como narrador, publicou “Morgado” (1997) e “O corazón portugués” (2000, finalista do Premio Eixo Atlántico). No 2002 sacou á luz “Carlos Casares: nove retratos e unha conversa inacabada”, e no 2003 a biografía “Carlos Casares”. Como fotodocumentalista é autor dos ensaios fotográficos “Aceiro sobre a auga” (1992) e “As Pontes” (2003), dedicados ao mundo da construción naval, ás transformacións sociais e ás intervencións na paisaxe das minas de carbón a ceo aberto. No ano 2001 recibiu das Universidades do Minho o Premio Caminhos da Memoria polo seu ensaio fotográfico “A escura terra de Escandoi”, no que se reflicte, a través de imaxes en branco e negro, o seu particular universo literario. Como conferenciante, interviu en diversos foros, sempre arredor do tema central da súa literatura: a convicción de que «a Terra que aínda ve a Deus nos ollos dos vencidos non é o lugar onde o mundo remata, senón o faro que alumea cantos mundos hai».
Descubre más sobre Ramón Loureiro
Recibe novedades de Ramón Loureiro directamente en tu email

Opiniones sobre AS GALERAS DE NORMANDIA


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana