Gorecho Papa Gaio é un tipo tan instranscendente como anónimo, un solteirón pálido, que endexamais chamaría a atención de ninguén, aparvado pola falta de motivacións e polas doses abondas de alcohol unidas ás tamén abondas teorías alcohólicas e ás moitas partidas de cartas que, segundo el mesmo di, lle proporcionan un estado semellante á felicidade, por máis que sexa a felicidade do nugallán que pasa pola vida sen pedirlle nada a esta. Esa existencia pequena nunha vila pequena transformouse cando regresa á súa casa convertido en pantasma para ter unha segunda oportunidade. Ante un feito tan insólito, Gorecho compórtase de xeito tamén insólito, aínda que convincente. As teorías que invoca para explicar o seu comportamento na súa primeira vida son todo un tratado das inconsistencias do mundo que nos rodea e das dificultades para atoparlle un sentido. Nesa segunda oportunidade encontrará a ocasión de emendarse. Cun constante sentido do humor retranqueiro, Cobas conduce o seu protagonista a través dun percorrido pola Galicia máxica e tradicional.
Ficha técnica
Editorial: Sotelo Blanco Edicions
ISBN: 9788478245369
Idioma: Gallego
Número de páginas: 115
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 31/01/2008
Año de edición: 2007
Especificaciones del producto
Escrito por Amadeo Cobas
Amadeo Cobas naceu en Noia (A Coruña). Cursou estudos de Dereito na Universidade de Santiago de Compostela. Escribe en castelán e galego. Ten publicados os seguintes libros en solitario: "Un amigo en el Galacho" (2001), "Contos de viaxe" (2002), "Miranda", (2004), "Pasar a la posteridad" (2005), "As pantasmas sodes do que non hai" (2007) e "A cacería" (Xerais, 2016), Vº premio de novela curta "Cidade centenaria de Riveira". Ten publicados os seus textos en obras colectivas como "Alma de Beiramar" (2003), "Historias de Loarre" (2005), "Aragón: ríos de arte" (2006), "Monegros" (2006), "Historias para catar", (2006), "A doenza da paisaxe" (2007) e "Ducha escocesa" (2008). Articulista en diversas revistas culturais, foi colaborador dos suplementos de crítica literaria dos xornais "Heraldo de Aragón" (Artes y Letras), "Diario de Teruel" (El Parnaso) e na actualidade do blog de crítica literaria "La tormenta en un vaso". Acadou varios galardóns literarios, como o premio no VII Certamen de Relatos "Tierra de Monegros", de Huesca, a mención honorífica na modalidade de conto do Premio Platero 2005, en Ginebra (Suiza) ou o accésit de poesía no X Certamen Manuel Oreste Rodríguez, de Paradela (Lugo). É membro fundador da Asociación Cultural Catropatacos.