O comando de liberación animal entrou na granxa e abriu as gaiolas.
Milleiros de visóns americanos, máis grandes e feros do que anunciaban as enciclopedias, foxen ás carreiras. Non se espallan polos montes dos arredores, senón que van cara á cidade sen nome. Alí viven persoas como Urbano e Nati, preocupados pola tardanza da súa filla; ou Celso, un traballador de banca que coñeceu tempos mellores; ou a misteriosa Lady Constance, que talvez coñeza de primeira man os proxectos do comando.
Todos ignoran que a noite do venres vai estar chea de perigos. Os mustélidos que escaparon da granxa non só posúen feitura fermosa e lixeireza de movementos, senón que tamén teñen instinto asasino e dentes longos e afiados. As rúas están ateigadas de cidadáns que festexan a primavera. Non sospeitan que a morte se agocha baixo a aparencia inocente dun animal de pel escintilante
Ficha técnica
Editorial: Editorial Galaxia, S.A.
ISBN: 9788491514879
Idioma: Gallego
Número de páginas: 160
Tiempo de lectura:
3h 44m
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 25/09/2020
Año de edición: 2020
Plaza de edición: Vigo
Colección:
Literaria
Literaria
Número: 416
Alto: 21.0 cm
Ancho: 13.5 cm
Especificaciones del producto
Escrito por Xurxo Sierra Veloso
Xurxo Sierra Veloso (Caracas, 1969) Funcionario da Universidade de Salamanca, reside en Zamora dende 1999. Publicou as novelas ''Os ollos do rei de copas'' (1994), ''Licor de abelá con xeo'' (2006, finalista Premio Lueiro Rey), ''Os mércores de Fra'' (2006, Premio Risco), ''Os nomes do traidor'' (2008) e ''Os fíos'' (2010, Premio Repsol). Dende 2005 mantén na rede o blog Rei de Copas (http://reidecopas.blogspot.com).