📗 Libro en gallego BILBAO - NEW YORK - BILBAO

Edicións Xerais - 9788499141008

Literatura en gallego Narrativa en gallego

Sinopsis de BILBAO - NEW YORK - BILBAO

Bilbao-New York-Bilbao relata un voo entre o aeroporto de Bilbao e o JFK de Nova York. O autor viaxa no avión e durante a travesía dá conta tanto do proceso de creación da novela que está escribindo como das súas propias dúbidas. A novela aborda a historia de tres xeracións dunha mesma familia. A primeira, a de preguerra, protagonizada polo seu avó e os membros dunha xeración de artistas moi liberais e ideoloxicamente transversais. A segunda, a da época franquista, centrada nos pais, relata os afáns de pesca industrial en Escocia. E, por último, a xeración actual, a súa, retratada pola voz do propio autor. Como pano de fondo de toda a obra aparece o Atlántico e a perda dunha forma de vida vinculada ao mar. Unha novela multipremiada e aclamada de xeito unánime, na que empregando os recursos da autoficción e das novas formas de contar se exploran os límites da ficción contemporánea."Bilbao-New York-Bilbao supón unha mudanza de canon na literatura vasca." (Jon Kortazar, Cuadernos Hispanoamericanos)"Unha pastilla de chocolate feita da mellor literatura" (Ana Arregui, Gara)Bilbao-New York-Bilbao relata un voo entre o aeroporto de Bilbao e o JFK de Nova York. O autor viaxa no avión e durante a travesía dá conta tanto do proceso de creación da novela que está escribindo como das súas propias dúbidas. A novela aborda a historia de tres xeracións dunha mesma familia. A primeira, a de preguerra, protagonizada polo seu avó e os membros dunha xeración de artistas moi liberais e ideoloxicamente transversais. A segunda, a da época franquista, centrada nos pais, relata os afáns de pesca industrial en Escocia. E, por último, a xeración actual, a súa, retratada pola voz do propio autor. Como pano de fondo de toda a obra aparece o Atlántico e a perda dunha forma de vida vinculada ao mar. Unha novela multipremiada e aclamada de xeito unánime, na que empregando os recursos da autoficción e das novas formas de contar se exploran os límites da ficción contemporánea."Bilbao-New York-Bilbao supón unha mudanza de canon na literatura vasca." (Jon Kortazar, Cuadernos Hispanoamericanos)"Unha pastilla de chocolate feita da mellor literatura" (Ana Arregui, Gara)

Ficha técnica


Traductor: Isaac Xubín

Editorial: Edicións Xerais

ISBN: 9788499141008

Idioma: Gallego

Número de páginas: 208
Tiempo de lectura:
4h 54m

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 25/03/2010

Año de edición: 2010

Plaza de edición: Es

Colección:
EDICIÓN LITERARIA - NARRATIVA

Alto: 22.0 cm
Ancho: 15.0 cm
Grueso: 1.7 cm
Peso: 321.0 gr

Especificaciones del producto



Escrito por Kirmen Uribe


Kirmen Uribe (Ondarroa, Biscaia, 1970), licenciado en Filoloxía Vasca, cursou estudos de posgrao en Literatura Comparada en Trento. Considerado un dos máximos renovadores do panorama literario en éuscaro, é autor de proxectos multimedia nos que, en colaboración con músicos e artistas plásticos e audiovisuais, combina a literatura con diferentes disciplinas artísticas. Participou en numerosos encontros internacionais de literatura en Europa, Asia e América, e publicou en revistas de prestixio como "The New Yorker". A publicación en 2001 dos seu libro de poemas "Bitartean heldu eskutik" ("Mentres tanto dáme a man") supuxo, segundo a crítica, unha "revolución tranquila" na literatura euscalduna, recibindo o Premio da Crítica e sendo traducido a diversas linguas. Como narrador deuse a coñecer con "Bilbao-New York-Bilbao" (2008, Xerais 2010), novela que recibiu o Premio da Crítica 2008, o Premio da Fundación Ramón Ruibal á obra artística do ano 2008, o Premio do Gremio de Libreiros de Euskadi e o Premio Nacional de Narrativa 2009. Despois publicou as novelas "Mussche" ("O que move o mundo", 2012) e "Elkarrekin esnatzeko ordua" ("A hora de espertarmos xuntos", 2016, Xerais 2017).
Descubre más sobre Kirmen Uribe
Recibe novedades de Kirmen Uribe directamente en tu email

Opiniones sobre BILBAO - NEW YORK - BILBAO


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana