A colección poética Ventoalto de Laiovento enriquece o seu catálogo co Caderno dun regreso á terra natal, do escritor Aimé Fernand David Césaire (1913-2008), nado na Martinica e un dos impulsores do movemento poético da Negritude a carón de Léopold Sédare Senghor e Léon Gontran Damas. É unha obra, segundo fontes editoriais, que camiña desde o concepto da desolación á rebeldía “para se erixir en voceiro do seu pobo alienado pola colonización (…) , revalorizar a condición de ser negro e situalo nun humanismo rexenerador na cultura universal”. Un libro traducido por Manuel Ángel García Fernández. O Caderno da crítica saúda estoutro caderno poético: benvido!